sábado, 22 de xuño de 2024

Sábado 22 de XUÑO do 2024

Unha nova emisión do noso programa "Semprengalicia", como cada sábado, coa nosa sintonía, a salutación oportuna e a primeira entrevista co convidado GUIDO ÁLVAREZ PARGA, Guía oficial da cidade de Lugo. Comentamos con el diferentes actividades e ofertas que propón para coñecer máis polo miudo a cidade de Lugo e tamén outros lugares da provincia, que el coñece moi especialmente. Tamén nos fala das súas clases na Universidade, que xa remataron e outras cousas moi interesantes. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

A segunda conversa é con dona LOLA VARELA SALGADO, mestra xubilada. Estudou Xeografía e Historia, especialidade en Historia Contemporánea, acompaña ao Historiador Dionisio Pereira nas súas investigacións, e tamén ten publicado varios libros, entre os que destaca o que leva por título: "Feminismo de proximidade". A entrevista convírtese nunha pequena clase de aprendizaxe sobre as moitas cousas que investigou sobre as mulleres da época franquista. Agradecémoslle a súa amable atención.

Continuamos o programa entrevistando a don FELIPE SENÉN LÓPEZ, Arqueólogo.Estudou Filosofía e Letras, especialidade de Historia da Arte ao tempo que facía prácticas de museoloxía e arqueoloxía. Acaba de presentar na Fundación Vicente Risco, en Allariz, o libro que leva por título: 𝐃𝐨𝐮𝐭𝐫𝐢𝐧𝐚 𝐞 𝐑𝐢𝐭𝐮𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐌𝐨𝐢 𝐍𝐨𝐛𝐫𝐞 𝐎𝐫𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚 𝐝𝐨 𝐒𝐚𝐧𝐜𝐭𝐨 𝐆𝐫𝐚𝐚𝐥 · 𝐀 𝐄𝐬𝐭𝐫𝐞𝐥𝐚 𝐝𝐨 𝐀𝐩𝐨́𝐬𝐭𝐨𝐥𝐨 de Vicente Risco. Fálanos dese traballo tan interesante e recibimos unha feermosa lección de historia relacionada con todos aqueles personaxes galeguistas acompañantes de Vicente Risco. Agradecémoslle a súa aportación no noso programa de hoxe.

Recibimos a crónica do noso correspondente, nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RÚA, que nesta ocasión céntrase na recente visita que fixo a Portugal para facer un percorrido en bicicleta moi interesante, e que describe con moita precision.

Deixamos aquí o programa completo.


Ningún comentario:

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...