sábado, 16 de novembro de 2024

SÁBADO 16 de NOVEMBRO do 2024

Outra entrega máis do programa "Semprengalicia". Despois da nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música, poñémonos en contacto coa primeira convidada, NOELA, da Sociedade Cultural Desportiva do Condado, en Salvaterra do Miño. Parabenizámola porque o día 22 de novembro van a recibir un Premio por parte de Ari(T)mar, Galiza e Portugal, na Gala que se celebrará no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Conversamos con ela e infórmanos desa Entidade tan importante nesa localidade, con tanto anos de existencia. Realizan unha morea de actividades relacionadas coa Cultura galega e portuguesa, destacando por riba de todas a da celebración do Festival Internacional de Poesía. Desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

A segunda intervención é con GONZALO CONSTENLA, Director dese proxecto didáctico cultural Ari(T)mar Galiza e Portugal desenvolvido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, da que tamén é Director. Fálanos dos diferentes Premios que se entregarán o día vintedous nesa Gala que se celebrará no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, coa participación dos propios premiados e outros importantes convidados que encherán ese Auditorio. Felicitámolo polo traballo desenvolvido e desexamos que teñan moito éxito.

A continuación chamamos a Galicia para conversar-entrevistar a CAMILO FRANCO, Director do CULTURGAL-2024, a Feira das Culturas Galegas, como el mesmo a define. Cóntanos moi brevemente a maior parte das actividades previstas, Celebrarase dende o día vintenove de novembro ata o un de decembro, no Pazo da Cultura na capital do Lérez. Dende actuacións musicais ata teatro para as familias, presentacións de libros e a posibilidade de degustar algún que outro petisco no bar que teñen disposto perto dun dos escenarios. Unha verdadeira Feira e Mostra Cultural chea de engado á que nos convida a tódolos nosos oíntes e seguidores. Desexamos que teñan moito éxito.

Comunicámonos co noso correspondente-viaxeiro empedernido e reporteiro gráfico de recunchos interesantes da xeografía galega, XOAN ARCO DA VELLA. Nesta ocasión fálanos da visita recente que fixo a Bemposta, o que foi a Cidade dos Muchachos en Ourense. Coméntanos un pouquiño o que se pode contemplar na súa páxina, onde deixa refrexada a reportaxe gráfica desa visita. Coménta que parou a xantar un bon cocido en Ribadavia e a visita a un lugar tamén moi feiticeiro: Pazos de Arenteiro. Despedímolo agradecéndolle a súa comunicación e participación tan interesante e despedímonos ate o vindeiro sábado.

Finaliza a emisión coa participación do noso colaborador LUÍS LOSADA, coa sección "Palabras Voadoras" que ten moito a ver co fermoso traballo relacionado co libro de Fabio Rivas, que se titula: "A Pintura debida". Seguro que esta análise tan interesante, animará aos nosos escoitantes e seguidores para se atrevan a mercar ese libro co que disfrutarán.
 

Deixamos aquí o programa completo, sen interrupcións.

Ningún comentario:

SÁBADO 16 de NOVEMBRO do 2024

Outra entrega máis do programa "Semprengalicia". Despois da nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música, poñémonos en co...