Outro sábado máis con todos vostedes. Comezamos conectando con Mercedes Vázquez Saavedra, unha muller inqueda, etnógrafa, escritora, documentalista e fotógrafa, pero que se define como "entroideira". Fálanos da súa traxectoria traballadora e buscadora da realidade do noso rural, dos seus libros, das exposicións fotográficas e das súas viaxes para documentar fotográficamente todas as representacións do Entoido ao longo e ancho da nosa Galica, Portugal e Zamora. Agradecémoslle a súa participación.
Falamos con Rui Barbosa, un grande coñecedor da "Serra do Xurés", amante da astroloxía e das investigacións espaciais. Fálanos do seu traballo sobre as Minas dos Carrís, das persoas que entrevistou e da historia que aínda existe naquela contorna. Algo que se debe poñer en valor para que esa historia quede reflexada e documentada para todos. Dámoslle as grazas por atendernos tan amablemente. Tamén recibimos nos "estudos virtuais" ao noso amigo Henrique Fernández Mon-Sánchez, que participa con nososutros no programa.
Chamamos a Rexina Vega, para felicitala por ser elixida Cunqueiriana de Honra do 2021. ¡Noraboa! Tamén a parabenizamos polo libro que acaba de publicar en Galaxia: "O estado Intermedio". Está tendo moi boa acollida e as críticas dos estudosos póñeno como un referente a escoller para a súa lectura. Está a preparar o parladoiro que terá que ofrecer o día 28 deste mes en Mondoñedo, con motivo da entrega dese galardón que lle concederon. Novamente ¡Moitos parabens por todo, Xina!
Falamos co noso poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que ven de presentar o seu ultimo libro, un poemario titulado: Rosas envainadas. Aínda que tamén nos fai unha precisión moi interesante relacionada coas publicacións: en días atrás presentou outro libro, este de relatos: A lúa non era lúa. Desexámoslle moitos éxitos, e que siga disfrutando dese creatividade intensa.
Despois falamos co director da revista Lúa Nova, da A.C.G.Rosalía de Castro, Antonio Díaz. Infórmanos da pronta saída ao prelo do nº 60. Estamos á espera dunha pequena revisión e VºBº de ultima hora, e máis cedo que tarde terémola editada. Tamén nos comenta a nova redacción das Bases do Certame de Poesía, para mellorar a participación e a dotación aos premiados. Pronto teremos información detallada.
E así foi como transcurríu o programa de hoxe.
Aquí vos deixamos o programa completo.
¡Que teñan unha feliz semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario