Comezamos o programa dándolle a ben-vinda ao noso correspondente na BAIXA LIMIA, Xosé Lamela Bautista, que nos presenta ao seu convidado de hoxe: DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO, Chef dde "Lobios Caldaria" Hotel Balneairo. Mantemos unha conversa-entrevista moi interesante na que nos informa da proposta de poñer en marcha unha Plataforma en favor dos predios e montes do entorno dese grande Parque Natural Peneda-Gerés-Xurés. Desexamos que teñan un grande éxito nas súas inquedanzas.
A segunda comunicación é con Pablo Casal Núñez, do Instituto de Estudos Miñoráns, que veñen de recibir a Medalla de Ouro do Concello de Baiona. Felicitámolos e tamén recibimos cumprida información das actividades e próximas intervencións que teñen previsto levar a cabo en vindeiras datas.
Despois conectamos con Galicia novamente para falar coa nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, que nos ten preparada unha crónica moi interesante daquelas terras luguesas.
A seguinte intervención é a de Xerardo Feijoo, un dos compoñentes da"Associação Cultural e Pedagógica Ponte... nas Ondas" e mantemos unha conversa chea de informacións e novidades relacionadas coas actividades que están a realizar. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe e desexámoslles moitos éxitos.
Añadir título |
Tamén nos comunicamos con "ARXI", Arximiro, do Concello de "O Grove", que nos pon ao corrente da celebración dun evento moi importante: "Mulleres de Palabra", previsto para o Domingo 11 de outubro ás 13 horas, no que participarán varias poetas de grande renome. Felicitámolo e desexámoslle moito éxito.
E finalizamos despedíndonos de Xerardo e de todos os nosos escoitantes e seguidores, propoñéndolles que escoiten outra peciña musical. Desexando que pasen unha feliz semana, agardámolos ate o vindeiro sábado, que voltaremos a ofrecerlles outro programiña máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario