Outro programiña máis con todos vosoutros. Dámoslle a ben-vinda e grazas ao noso técnico Kiko Belinchón estamos conectados co noso compañeiro Armando Fernández e o noso correspondente na Baixa Limia Xosé Lamela. Despois de escoitar un bocadiño de música Xosé presentanos ao seu convidado de hoxe: LINO PERDIZ, de PLABALI, que nos pon ao corrente de moitas e interesantes novidades que están relacionadas con aquelas terras raianas e moi en especial das actuacións que están a realizar para que se leven adiante algunhas das reivindicacións que teñen aínda pendentes de realización. Agradecémoslle a súa amable atención e voltamos a escoitar outra peza musical.
A seguinte comunicación é coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, dona Fernanda Follana Neira, que nos ten preparada unha crónica de novidades interesantes, e moi concretamente algo relacionado co Rural Galego. Destaca o grande labor que está a facer un ex-alumno do colexio en Navia de Suarna, Ismael Álvarez, que recolle nun seu traballo que publica na súa páxina web, con nada menos que 70 xogos tradicionais daquela zona. Tamén nos fala de Ainoa Fernández, unha alumna aventaxada que ben de recibir un agasallo da Deputación de Lugo por poñer en valor o Rural e que fixo un video cun poema de Andrea Valle. Outra persoa que destaca é David de Poso, un dos artistas que participou como actor na película tan premiada "O que arde", e que a pesar da súa xuventude ben de facerse cargo da explotación gandeira dos seus pais, formando parte da cooperativa "A Carqueixa, unha opción moi noble que lle honra porque ademais de ter unha formación contrastada (grado superior forestal titulado) paraticipa do seu traballo no Rural galego. A outra nominación é a de Xiao Yáñez, outro alumno aventaxado daquela zona que ben de acadar o Fin de Grado na especialidade de Piano con Premio e está a estudar segundo de Bacharelato en Becerreá. Os nosos parabens para todos eles!!! E despedímonos de Fernanda escoitando outra peciña musical para irmos adubiando estas nosas conversas.
Precisamente a seguinte comunicación é con Kike Fernández-Mon Sánchez, avó de Xiao Yáñez, de quen falabamos antes con Fernanda. Dámoslle a ben-vinda e mantemos unha conversa, entre os catro, comentado cousas de certo interese para tódolos nosos oíntes e seguidores. Para non aburrir á audiencia propoñemos escoitar unha peza musical do Grupo Malvela, que se titula "Trubisqueira".
E finalizamos despedíndonos de todos vosoutros desexando que pasendes unha feliz semana e que volvades a sintonizarnos o vindeiro sábado á mesma hora, que prometemos ofrecerlles outro programa máis, con moitas informacións, música e novidades relacionadas coa nosa cultura. Ata o vindeiro sábado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario