sábado, 3 de outubro de 2020

Sábado 03 de OUTUBRO do 2020

Comezamos unha nova tempada 2020/2021, "Semprengalicia": Un programa con paixón polas nosas cousas e con desexos de aprender. Este primeira emisión non poderemos ofrecerlla coas dúas horas de costume, por mor de certos atrancos que temos, pero ofrecémoslles un contido interesante, cos medios dos que dispoñemos. En primeiro lugar dámoslle a ben-vinda e saudamos ao noso colaborador na Baixa Limia, Xosé Lamela

 

Despois pasámoslle a palabra a Xosé Lamela, que nos presenta ao seu convidado: don Luis Manuel García Mañá, policía, escritor e político. Felicitámolo pola publicación do seu ultimo libro: "Non fales o que non debes" editado por Xerais. Falamos dese traballo e comentamos algunhas cousas do seu contido. Agradecémoslle a súa colaboración de hoxe, e prometémonos voltar a contactar con el para seguir falando doutras moitas cousas.

 

Disculpamos a Armando Fernández, que hoxe se atopa de viaxe polas terras francesas, concretamente nos arredores de Lourdes. De tódolos xeitos falamos con el e coméntanos algunha cousiña. A continuación conectamos con Galicia novamente, para falar co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, Xulio Simón, que nos ten preparada unha crónica moi interesante e fálanos dunha páxina moi interesante relacionada coas palabras patrimoniais e enxebres, A Toponimia: "Galicia Nomeada"

 

E así transcorreo a emisión de hoxe. Cativa pero intensa e con importantes aportacións dos nosos correspondentes e unha entrevista interesante, coa autor dun libro recentemente publicado. Despedímonos ate o vindeiro sábado, que procuraremos ofrecerlles as dúas horiñas de radio en galego, como sempre. 

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...