sábado, 24 de outubro de 2020

SÁBADO 24 de OUTUBRO do 2020

Unha semana máis con todos vosoutros, ofrecéndovos este programiña de dúas horas de Radio en galego. Despois dos saúdos iniciais, conectamos coa Baixa Limia, para que o noso correspondente Xosé Lamela Bautista, nos presente ao seu convidado de hoxe: Benito Antúnez, máis coñecido por "Valente", apicultor da zona da Serra do Xurés. Mantemos unha pequena conversa-entrevista sobre ese tema tan interesante, como é a extracción do MEL.

Seguimos co programa conectando novamente con Galicia, concretamente con "Martín Maez" cantautor galego, de Pontevedra, que ven de enviarnos varios CDs -o seu último traballo: "Hábitat"- Un agasallo que compartiremos cos nosos oíntes e seguidores, para celebrar os 40 anos da nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro e o "40 Aniversario de Radio Sant Boi". Agradecémoslle a súa colaboración de hoxe e desexámoslle que teña moitos éxitos.


Panadería DISU
Panadería DISU
Escoitamos outro bocado de música e chamamos a Digna, da Panadería DISU, de Navia de Suarna. Saudámola, dámoslle as grazas polos agasallos que recibimos para celebrar os dous 40 aniversarios da Radio e da A.C.G.Rosalía de Castro, que estamos celebrando. Recibimos pan, bizcoitos, madalenas, larpeira, roscón de noces, tarta de Navia, Empanada de ballao con pasas, empanada mixta de atum, brazo de xitano... Unha fartura de produtos. Comentamos con ela o traballo que ten que realizar para atender aos clientes da zona, repartindo polos pobos. Noutra orden de cousas infórmanos de que os que desexen adquirir os seus productos poden dirixirse á súa páxina e mercar "online" calquera produto. Tamén poden recibirse directamente no domicilio do cliente. Hai dúas tendas físicas en Barcelona, ás que envía semanalmente pan de centeo (do país) principalmente, e outros produtos. 

Conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que nos ten preparada a súa crónica cultural semanal, sempre chea de informacións diversas.

Falamos con Fernanda Follana Neira, a nosa correspondente nos Ancares Lugueses, que tamén ten preparada a súa intervención e crónica semanal. Agradecémoslle a súa colaboración.

Chamamos a Francisco Xabier Rodríguez, Presidente de SAUDADE, que nos informa da próxima celebración do Magosto 2020, que este ano ten un protocolo especial, debido á pandemia que estamos a sofrir. Os socios e simpatizantes poderán recoller as castañas recén asadas o vindeiro día 7 de novembro entre as 4h e as 8h da tarde, na zona da terraza da Entidade. Recomendan que nos se aglomeren na entrada para evitar demasiada agrupación e gardar o distanciamente requerido. Tamén se pode mercar a Lotería de Nadal da Entidade, Nº 76184. Con respecto ás demais actividades, están reducidas e mantendo as normas e prevencións que debemos cumplir, por mor do coronavirus.

E antes de despedirnos dos nosos oíntes e seguidores, conversamos co Presidente de ASOBECAT, don Juan Pedro Sánchez, que tamén nos informa das actividades que puideron realizar: neste verán a entrega dos Arlequíns á Cooperativa Agrícola Gistredo Castañas de Parede e ao Cura de Cacabelos, Celebración dunha Eucaristía á "Virgen de la Encina" Patrona do Bierzo, suspensión do Magosto do 2020 e preparación do Festival do Botillo 2021... Agradecémoslle que colabore con nosuotros e desexamos moitos éxitos nos seus proxectos. Despedímonos de tod@s vosutr@s ate a vindeira semana á mesma hora. ¡Que pasen unha feliz semana!

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...