Terceiro sábado deste mes dos Santos con todos vosoutros, tentando levar adiante este programa de dúas horas de radio en galego. Disculpamos a ausencia de Armando Fernández López nos estudos, por mor dunha expléndida excursión que está a disfrutar, pero que seguro teremos conexión con el e informaranos desa experiencia. Escoitamos unha peza musical para conectar co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos presenta ao convidado de hoxe, don Manuel Simôes. Agradecémoslle que nos facilitara este contacto e conversamos con este grande Summelier que acaba de recibir o Premio: Mellor sumiller nacional de restauración 2019. Premios JRE en San Sebastián Gastronomika. Agradecémoslle a súa participación no noso programa, dámoslle os nosos parabens e felicitacións e conversamos moi distendidamente con el. Ensínanos e aprendemos, con el, moitas e interesanes cousas relacionadas coa cultura vinícola, coa gastronomía, con referencias obrigatorias á "La Taverna del Clínic", Restaurante que ten ao grande "Chef" Xosé, seu irmán. Como o tempo na radio fáisenos cativo, temos que despedilo desexándolle unha pronta recuperación e que siga colleitando moitos éxitos nesa súa profisión tan engaiolante. ¡Graciñas Manuel Simôes!
Ronseis do TEMPO |
Continuamos adiante co programa e conectamos agora cunha grande intérprete pianista, que para nós era descoñecida, pero que descubrimos como unha extraordinaria compositora e pianista extraordinaria. Falamos con Aida Saco Beiroa, da súa traxectoria, moi brevemente, e comentamos algo do seu último CD que acaba de publicar: Ronseis do Tempo. Agradecémoslle que nos recibira tan amablemente e comprometémonos a voltar a falar con ela para que nos comente máis polo miúdo, a súa traxectoria e os seus proxectos. Ofrécenos poder empregar algunha das súas obras para a sintonía do noso programa. Desexamos que veña ao noso programa e entón decidiremos con ela.
Na segunda hora conectamos co noso compañeiro Armando Fernández López, que como dixemos ao comezo atópase disfrutando dunha fermosa excursión, con amigos do programa tamén. Coméntanos que agora mesmo están a descansar en Calatayud, que pasaron por Zaragoza, visitando a Catedral da Pilarica e outros monumentos dos que lles vai dando cumprida información unha guía profesional. Mañán achegaránse ao Mosteiro de Pedra, para contemplar as fervenzas e outras maravillas. Disfruta e pásao ben.
Damos cumprida información de varias noticias que nos chegaron á Redacción e atrévome a lerlles dúas poesías. A primeira pertence a nosa grande amiga, oínte e seguidora Mercedes Taracido, adicada ao seu avó: "Roxe o Mar" e a segunda de Nieves Fernández Vidueira, que ten por título: "Herdanzas Silvestres". Disculpádeme se non atino coa entonación ou coa declamación axeitada, pero póñolle a mellor intención.
E finalizamos conectando co noso poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas. Non podemos negar a nosa grande "devoción" pola poesía, pero coidamos que moitos dos nosos oíntes e seguidores comparten connosco o espazo que lle dedicamos a esta creación literaria. Paco sempre ten reflexións moi interesantes e finaliza a súa intervención agasallándonos con dúas declamacións poéticas.
Ate o vindeiro sábado, benqueridos oíntes.
¡Non deixedes de sintonizarnos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario