Un día máis con todos vosoutros. Comezamos dándolles a benvida e deseguida comunicámonos con Marcelino Guillermo, un Vianés de pro (Viana do Bolo-Ourense) que nos pon ao corrente da súa tarefa como Presidente da Asociación BEN (Bizkaiko Eritasun Neuromiskularren Elkartea), ademais de darnos cumprida información sobre algunhas das enfermidades e variantes da Atrofia Muscular Espinal. Agradecémoslle a súa estimada aportación e comprometémonos a voltar a falar, con el, deste tema tan interesante ao que compre darlle toda a maior difusión posible.
![]() |
Asando as castañas |
A continuación falamos con Amelia, Presidenta da A.C.G. Agarimos de Badalona, que están a preparar o "Magosto 2019" na Entidade e convídanos a tódolos oíntes e seguidores a que participemos e que se acheguen para disfrutar desta fermosa celebración, na que poderán degustar as castañas e os bolos preñados, acompañados de boa música galega. ¡Moitas grazas e moitos éxitos!
A seguinte comunicación é co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista que nos ten preparada a presentación dun coñecido desta nosa emisión: Lino Perdiz, da Asociación Plataforma BAIXA LIMIA (PLABALI). Coméntanos algunhas das reivindicacións e demandas que están a realizar nesta Asociación. Destaca a proposta da Administración, a modo de distracción, da proposta que hai uns días saíu publicada na prensa local, relacionada coa próxima construcción dunha auto-estrada que comezará na Gudiña e conectará Portugal polo norte fronteira con Zamora. Queda desbotada, e polo tanto seguirá sen posible continuidade, a auto-estrada que debería chegar ata Portugal pasando pola Portela do Homen, pero que actualmente remata á saída de Celanova. Unha mágoa o abandono administrativo que padece esta zona da nosa Galicia do interior. Desexámoslle que poidan cumplirse algunhas das súas reivindicacións e que teñan éxito nas propostas que se fan dende a Asociación Plabali.

Tamén falamos coa nosa correspondente nesa mesma zona: Fernanda Follana Neira, que nos recomenda a visita á zona Recreativa da Cortevella e a Fraga da Marronda. Para xantar o Restaurante e Hotel "Moneda", no Cádavo, moi frecuentrado polos pelegríns do Camiño de Santiago e con prezos moi axeitados.
Antes de finalizar atrevémonos a ler un dos poemas que se atopa no libriño da nosa amiga Mercedes Taracido, dona de Máximo Felipe: "Por camiños e carreiros", que nos escoitan dende Suiza. Este poema está dedicado á Serra da Capelada. E finalizamos ofrecéndolles unha peza musical máis, para despedirnos.
Desexamos que volvan a sintonizarnos o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Sexan Felices!
Aquí podedes escoitar e ver o programa enteiro: https://www.facebook.com/SemprenGalicia/videos/2420976118168680/nbsp;
Ningún comentario:
Publicar un comentario