sábado, 30 de novembro de 2019

SÁBADO 30 de NOVEMBRO do 2019

Outro programa máis con todos vosoutros tentando levar adiante este pequeno entretenemento con dúas horiñas de Radio en Galego. Comezamos dándolles a ben-vida e ofrecéndolles a peza "Desposorio", do CD recén presentado: "Contrapunto" do Grupo de música "Tanxugueiras", que nos serve para comunicarnos co noso corespondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos fala do 140 Aniversario da Banda de música de Lobios. Aproveita para comentarnos algunhas precisións históricas da música naquela contorna e preséntanos á convidada de hoxe.


Falamos pois coa convidada, dona María Almeida Fernández, responsable de Cultura no Concello de Lobios, antiga compoñente clarinetista desa Banda centenaria, e mantemos unha conversa moi amena sobre algúns aspectos desta grande Banda, que acolle a moitos enamorados da música. Hoxe mesmo celebran ese acontecemento cun Concerto da Banda no Multiusos do Concello.





Depois falamos co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro, Xulio Simón, que nos pon ao corrente dalgunhas cousas interesantes que están a celebrarse en Pontevedra, centrándose no CULTURGAL, que acolle unha morea de actividades todas relacionadas coa cultura: Presentación de libros, proxección de películas, actos gastronómicos, visitas de interese, música tradicional galega e presentacións de novos CD... etcétera. Despidese recitando unha poesía de Celso Emilio Ferreiro sobre María Solinha, da que pronto veremos unha película.





Continuamos na segunda hora conectando novamente con Galicia para recibir a don Xosé Ramón Gayoso, Director e Presentador do Programa LUAR da Televisión de Galicia. Un Crak da comunicación. Mantemos unha conversa-entrevista moi distendida, chea de agarimo e cordialidade. Agradecémoslle a súa amable atención e despois de desexarlle que siga colleitando moitos éxitos, despedímonos ate outra vindeira ocasión.



Finalizamos o progama de hoxe conectando coa nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, que nos ten preparada a súa crónica relacionada coa despoboación das nosas aldeas galegas, e que están a representar un valeiro moi importante no rural.


Finalizamos desexando que pasen unha fin de semana feiticeira.

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...