domingo, 3 de novembro de 2019

SÁBADO día 02 do Mes de SANTOS do 2019

Comezamos outra emisión desculpando a participación do noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que hoxe ten certos compromisos personais e non lle é posible estar connosco. A primeira conexión é con PEDRO PÉREZ, responsable do Grupo Duplex, que nos pon ao corrente de moitas e interesantes  noticias relacionadas coas xoias e co diseño en particular, así como tamén das súas publicacións. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.



Despois conectamos con Juan Pedro Sánchez, Presidente da ASOBECAT, que nos fala da entrega dos Premios a Bercianos importantes na Xuntanza que se fixo durante o verán en Galicia, e tamén nos fala da celebración do Magosto Popular-2019 que teñen previsto realizar a vindeira fin de semana. Apreveita para adiantarnos a data do próximo "Festival do Botillo Berciano" para o vindeiro 2020, que se realizará novamente no Hotel Front Air de Sant Boi de Llobregat, o mesmo do ano pasado, para o mes de febreiro, concretamente o sábado día 15. Agradecémoslle a súa amable atención.



A terceira intervención é a da nosa amiga e benquerida Carmen da Vivenda Rural "Xanela da Lúa", en Lira, que nos fala da oferta especial dos seus "Menús Gastronómicos de Outono", por un prezo moi asequible, como por exemplo xantar, cea, aloxamento e desaiuno para dúas persoas por 200€uros. Tamén poden acollerse a outras ofertas moi baratas a partir de 35 €uros... Sempre é unha satisfacción falar con Carmen da súa feiticeira Vivenda Rural.



Na segunda hora conectamos co noso correspondente Xulio Simón, que sempre ten seleccionada unha crónica cultural moi interesante. Nesta ocasión fai unha extensa información relacionada coa efemérida da visita de García Lorca a Galicia e a conmemoración que se fixo o día 25 de outubro, e que se establecerá anualmente.



Damos lectura a un poema da nosa benquerida "Poeta Pastora" Nieves Fernández Vidueira, que ten moita relación co tempo no que estamos. 


A última intervención é a do noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que sempre ten comentarios moi axeitados e finaliza  agasallándonos coa declamación de varios poemiñas da súa autoría.



E despois de despedirnos, convocámolos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Sexan Felices!

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...