sábado, 26 de outubro de 2019

SÁBADO 26 de Outono do 2019

Seguimos con dificultades para podermos conectar con calidade cos nosos correspondentes e os seus combidados, pero tentaremos facer un programiña entretido e agradable. A primeira comunicación é co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos presenta á súa combidada de hoxe: Marta Delgado, dinamizadora cultural naquela contorna.



Despois conectamos precisamente con Marta Delgado, encargada da páxina "Mira Xurés" e de moitas actividades relacionadas co Xurés, coa Raia, co evento que teñen previsto realizar o vindeiro día 31 de outubro, coincidindo co "Samaín". Asado de castañas, chocolate, actuación teatral para recrear a noite con cabaciñas adornadas, disfraces... etcétera. Desexámoslles moitos éxitos.
Na segunda hora conectamos con Xulio Simón, en Combarro. A súa crónica sempre ten moito de cultura e interesante aportación. Hoxe ten preparadas novas relacionadas con aconteceres actuais.



Damos a coñecer a presentación dun novo traballo discográfico de Guadi Galego: Un Libro CD, que leva port ítulo: "Immersión". escoitamos algún "trac" deste novo disco e prometémonos poder ofrecerlles máis cancións correspondentes a este fermoso traballo.



Tamén falamos do CD de "A Banda da Balbina"titulado "Con cebola ou sen cebola" . Disculpen o erro cometido na emisión, que mencionei a Banda da Loba, enganeime. Non o podo borrar... Bueno, tentaremos solventalo poñéndonos en contacto coas dúas formacións musicais, en canto poidamos.




Outros estrenos son os traballos de Xulio Lorenzo, gaiteiro que nos ofrece o seu CD: "Volver Soñar", e Marco Foxo, co seu CD "Romances novos e vellos", do que escoitamos un pequeno trac.





E despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Que sexan felices!!!

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...