sábado, 19 de outubro de 2019

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2019

Encetamos outro programiña máis de "Semprengalicia" escoitando a nosa sintonía e ofrecéndolles un bocadiño de música. Dámoslles a ben-vinda e deseguida conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas-Combarro, Xulio Simón, que nos presenta ao combidado de hoxe, pero non poderemos manter unha conversa entre todos, por mor das dificultades técnicas que agora mesmo estamos a ter nos controis da emisora. Polo tanto escoitaremos a presentación do noso correspondente e despois de ofrecerlles un bocaidño de música, falaremos co combidado.


Precisamente a persoa coa que falamos é o xovencísimo (21 anos) atleta galego Andrián Ben Montenegro, que nos recibe moi amablemente, a pesar de que ten un compromiso no Campo de basquet do Breogán. Felicitámolo por ter acadado o 6º posto no Campionato Mundial de Atletismo, en Doha, na modalidade de 800 metros no que ademais pulverizou o tempo acadado por outros atletas españois. Comentamos con el algúns aspectos da súa traxectoria e traballo sacrificado e minucioso que lle deu como resultado ter ese recoñecemento e éxito atlético. ¡Parabens e que sigas conseguindo moitos éxitos!


Continuamos e conectamos coa Baixa Limia, para que o noso correspondente, Xosé Lamela Bautista, nos presente ao seu combidado, co que falaremos despois da súa exposición, xa que continuamos a ter esas dificultades xa mentadas anteriormente.


Falamos con BENITO PEREIRA DOMÍNGUEZ, Enxeñeiro Textil, Psicólogo e comunicador radiofónico, co que falamos da súa traxectoria creativa, como escritor e investigador da zona xuresiana e moi concretamente de Entrimo e Muiños. Precisamente dese Concello de Muiños presentará un libro no que leva traballando nada menos que 8 anos. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe.


Tamén conectamos con Vilafranca del Penedés, para falar coa nosa amiga, Profesora, poeta e escritora, Pura Salceda, que nos fala da novela que ven de publicar na Editorial Galaxia, e que leva por título. "O PAXARO DE NÁCARA". En vindeiras datas falaremos con ela outra vez, para que nos confirme a data e a hora na que se presentará, oficialmente, moi posiblemente a finais do mes de novembro. ¡Moitos éxitos, benquerida Pura Salceda!


Na ultima parte do programa, como ven sendo habitual, sempre conectamos co noso "Poeta da Mariña Luguesa", Paco Rivas. Unha conversa moi agradable e feiticeira, comentando cousas cotidianas pero tamén interesantes. 


E antes de despedirnos damos conta das Actividades que se están a desenvolver na A.C.G.Rosalía de Castro, perante este último trimestre do ano.


Despedímonos de tódolos amigos e seguidores, e pregámoslles que volvan a sintonizarnos o vindeiro sábado, á mesma hora.



Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...