Un día máis, con todos vosoutros tentando levar adiante, durante dúas horas, este programiña en lingua galega. Hoxe disculpando aos nosos habituais colaboradores Xosé Lamela, Laura Santos e Xulio Simón. Teñen certas obrigas persoais ás que atender. Nos controis técnicos atópase, coma sempre, KIKO, e nas locucións ARMANDO Fernández e un servidor. Comezamos conectando con Galicia para falarmos con don JOSE ANTONIO SIMOES DE DIOS, Cociñeiro no Restaurante HABANA - 83, en Ourense, que veñen de recibir unha reseña moi especial na Guía REPSOL, como restaurante recomendable e moi destacado na cidade. Agradecémoslle a súa amable atención.
Deseguido poñémonos en contacto con dona MERCHI ÁLVAREZ, de Galiciame, que nos da cumprida información sobre a "IIª Gala-Xantar Benéfico de GALICIAME" nas Adegas Condes de ALBAREI, en Cambados, previsto para o día 3 de decembro.
Conectamos con JUAN Prieto, da A.C.G. AGARIMOS, que nos informa da realización do MAGOSTO-2016, na Entidade en Badalona, neste sábado, que acompañarán cun "bolo preñado" para tódolos asistentes, e convídanos a asistir.
Tamén falamos con OLIVER Fernández, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, que ademais de facer unha pequena valoración dos actos que se realizaron a semana pasada, infórmanos da celebración do Campionato de Tute que comezou este sábado e da próxima Cea de entrega dos XXX Premios de Poesía "Rosalía de Castro", previsto para o vindeiro sábado 26 de novembro,
A nosa conversa con PACO Rivas, o noso poeta da mariña Lucense, é a ultima intervención nesta ocasión.
Desexamos que pasen unha feliz semana e que volvan a sintonizarnos o vindeiro sábado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario