sábado, 5 de novembro de 2016

05 de NOVEMBRO do 2016

O Primeiro programa deste mes de SANTOS, comezamos ofrecéndolles escoitar o último traballo de GUADI GALEGO : O Mundo está parado, que acabamos de recibir e queremos compartilo con todos vosoutros. Temos que disculpar a presencia de Laura Santos e Armando Fernández, que teñen certas obrigas persoais ás que teñen que atender. Conectamos coa Baixa LIMIA, para que o noso correspondente XOSÉ LAMELA nos faga a súa crónica participativa moi relacionada coa Baixa Limia concretamente.

A seguir falamos co Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, que están traballando para ofrecerlle a tódolos socios e simpatizantes o MAGOSTO-2016, ao que nos convida, e aproveita para dar cumprida información das diversas actividades previstas para estes días. Agradecémoslle a súa amable atención.

Na segunda hora, coma sempre, conectamos coas Rías Baixas, concretamente con Xulio Simón, o noso correspondente en Combarro, que sempre ten preparada a súa crónica interesantísima.

Chamamos a MIRIAM FERRADÁNS, grande poeta de BUEU, bueno concretamente de BON. O motivo fundamental da nosa chamada é para felicitala polo Premio que ven de recibir e que lle entregarán o vindeiro día 12 en FENE: Premio de Poesía Xosé María Pérez Pallarés, coa súa obra: "Dos Nomes do Fume". Seguimos desexándolle moitos éxitos.

Falamos con JUAN PRIETO, Presidente da A.C.G.AGARIMOS, de Badalona que están a realizar diversas actuacións no Centro Comercial de MONTIGALÁ, para recoller alimentos. Unha acción solidaria que veñen realizando cada ano e coa que teñen acadado unha grande afluencia de colaboradores.

E para finalizar o programa de hoxe falamos co noso Poeta da Mariña Lucense; PACO RIVAS, que nos agasallou un "video" no que declama con moitísimo énfase e grande profesionalidade, unha das súas creacións poéticas, titulada Polo mar dos meus dedos. Agradecémoslle esta desinteresada aportación.

A vindeira semana voltaremos con máis noticias, entrevistas, música e moitas cousas máis.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...