sábado, 19 de novembro de 2016

SÁBADO 19 de NOVEMBREO do 2016

Comezamos o programa de hoxe con todo o equipo ao completo e despois das salutacións oportunas e, de escoitar unha peza musical, comunicámonos con don  ROMÁN ALONSO SANTOS, autor do libro recén saído ao prelo que leva por título SALTANDO A RAIA, unha obra moi documentada e mantemos unha conversa moi animada relacionada con este traballo narrativo.

Comentamos os acontecementos e actividades da A.C.G.Rosalía de Castro e saudamos a próxima celebración do XXX Certame de Poesía na Entidade, a vindeira fin de semana, no García Nieto.

Conectamos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente en Galicia, que nesta ocasión fálanos dende O Courel, onde se atopa nunha andaina moi interesante e fálanos de varias e interesantes informacións culturais, que como sempre nos ten acostumados.

A ultima conversa é co noso Poeta da Mariña, PACO RIVAS, que aproveita para agasallarnos coa declamación de dúas creacións súas e aproveitamos para despedirmos o programa con elas.

Desexamos que pasen unha feliz semana e que volvan a sintonizarnos.

Ningún comentario:

SÁBADO 28 de XUÑO do 2025

Último programa desta tempada 2024-2025, que comezamos coa nosa sintonía de sempre e anunciando en qué consiste o programa que temos prepara...