Un programiña máis con todos vosoutros para facerlles pasar dúas horiñas de radio en galego. Hoxe non puidemos conectar coa Baixa Limia, xa que o noso correspondente Xosé Lamela ten outras obrigas persoais que atender, pero sí que comezamos a nosa emisión conectando coas Rías Baixas, para falar con XULIO SIMÓN, que nos presenta a Xosé Manuel Díaz, que é o máximo responsable dun proxecto musical titulado SINDICATO DA NOITE, con que falamos e entrevistamos para coñecer un pouquiño máis ese novo Grupo musical de Redondela.
A segunda intervención-entrevista é con don XOSÉ CACABELOS, responsable de Turismo de O Grove, que nos fala da "53 FESTA do MARISCO de O Grove", unha gran mostra de gastronomía do MAR, que durante máis dunha semana están a celebrar. Agradecésmolle a súa amable atención.
Despois achegámonos a MONDOÑEDO, para entrevistar a don MIGUEL SOUTO, Presidente da Asociación que leva adiante AS SAN LUCAS, que cumplen este ano nada menos que a 860 edición, a Feira-festa máis antiga de Galiza e unha das máis antigas de Europa. A exaltación do cabalo, os xogos populares, a gastronomía, os concertos... ... todo é unha grande celebración e paga a pena asistir e achegarse á terra de Alvaro Cunqueiro para disfrutar.
Na segunda hora conectamos novamente con Galicia para entrevistar a dona LUCÍA FREITAS, de O Restaurante "A TAFONA Casa de Xantar", en Santiago de Compostela, que será a encargada dos talleres que a Consellería do Mar, da Xunta de Galicia, presentará no FORUM GASTRONÓMICO de Barceloa. Unha conversa moi interesante e chea de ensino, Convídanos a que asistamos o vindeiro domingo 23 e luns 24 á Fira de Barcelona para degustar as súas propostas. Desexámolle moitos éxitos.
Falamos da FESTA do POLBO, da Asociación Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet, coa nosa "correspondente" LAURA SANTOS, que se celebrarña a vindeira fin de semana, os días 21, 22 e 23 de outubro. No Parc Europa. Están todos convidados.
Tamén falamos con don JUAN PRIETO, Presidente da A.C.Agarimos de Badalona, que nos informa dalgunhas das actividades da Entidade e convídanos a participar na Festa-Concurso de EMPANADAS que cada ano celebran. Xa son 19 as edicións desta festa. O Magosto tamén o teñen preparado para a segunda semana de novembro, coincidindo co san Martiño.
A vindeira semana máis e, se podemos, mellor. Que pasedes unha feliz semana e non deixedes de sintonizarnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario