Unha nova entrega deste noso programiña en galego, e comezamos dándolle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores, para conectar directamente con Galicia e falar con don FRANCISCO VILLALONGA, responsable e protagonista do filme "Os días asulagados", que ven de recibir unha morea de premios, agás o de Mestre Mateo. Adiántanos algunhas cousas interesantes do tema que tratamos e prometémonos voltar a entrevistalo para que nos ilustre coas súas inquedanzas. Está a piques de participar nun acto importante da cidade de Ourense. Agradecémoslle a súa amable atención.
E como complemento á nosa comunicación coa Baixa Limia, conectamos precisamente co noso corresponedente alí mesmo, XOSÉ LAMELA con quen seguimos a falar dese interesantísimo filme e doutras novidades. Desexámoslle que siga disfrutando nesa súa "invernía" persoal no Xurés.
Sudamos ao Presidente da A.C.G,Rosalía de Castro, don OLIVER FERNÁNDEZ, que nos visita acompañado de INÉS, para darnos cumprida información de tódalas novidades e posta en marcha do novo curso na Entidade, así como algunhas actucións de grande éxito e relevancia. Agradecémoslle a súa amable aportación e desexamos que sigan a colleitar éxitos.
Aproveitamos a conexión con Sabadell, para falarmos co Presidente do "Centro Galego NÓS", don MANUEL VÁZQUEZ, que nos informa da celebración da "IIIª Festa do POLBO" nesa cidade, que están a realizar nesta fin de semana.
A ultima intervención-entrevista é con dona CARMEN, da Vivenda Rural "XANELA DA LÚA", en Lira, que nos da cumprima información das ofertas de aluguer e estancia na súa casa e da participación, que podemos aproveitar, nos "Outonos Gastronómicos". Un pracer poder contar con persoas como Carmen, que nos atenden tan amablemente e axúdannos a coñecer un bocadiño máis esa nosa entrañable Galicia, tanto á da costa como a do interior. Desexámoslle moitos éxitos.
A vindeira semana prometémoslle moitas máis novidades e informacións, e coidamos poder contar co equipo ao completo (Laura Santos, Xulio Simón e Paco Rivas), que hoxe tivemos que disculpar por mor de certas obrigas persoais. Non deixedes de sintonizarnos.
¡¡¡ Que pasedes unha feliz semana !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario