sábado, 22 de outubro de 2016

SÁBADO 22 de Outubro do 2016

Nesta ocasión levan adiante o programa: LAURA SANTOS e ARMANDO FERNÁNDEZ, xa que Xulio atópase de viaxe en terras galegas, pero seguro que intervirá nalgún momento... ... Comezamos conectando con ANA PEREZ, que nos fala da participación de Galicia no Forum Gastronómico de BCN, unha grande aportación importante dando a coñecer os productos do mar e outras novidades interesantes... 

 A segunda intervención-entrevista é a dona IRENE SILVA XIRÁLDEZ, unha grande artista pintora, de Pontevedra. concretamente de Baiona, que nos fala da súa traxectoria artística e das súas propostas creativas. Agradecémoslle a súa aportación e paarticipación no noso programa. 

Na seguinte hora, coma sempre, conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que sempre ten preparada a súa aportación cultural chea de engado e ensino, como nos ten acostumados. 

Despois poñémonos en contacto con CARMEN PENIN, de 2 Na Fronteira, unha grande amiga e colaboradora do noso programa, que sempre nos recibe con moita amabilidade para darnos a coñecer a súa traxectoria e intervencións recentes, así como tamén nos comenta que virá a Cornellà para colaborar e participar na celebración do "30 Aniversario do premio de Poesía Rosalía de Castro". Agradecésmoslle a súa desinteresada aportación. 

E antes de finalizar falamos con Xulio Couxil, que dende Vigo nos comenta a súa estadía en terras galegas, que aproveita para o lecer e descanso nestes poucos días que ten de "permiso". 

E acaba o programa desexando que todos os nosos oíntes e seguidores non deixen de sintonizarnos e que volvamos a escoitarnos a vindeira semana á mesma hora, con noticias, música e entrevistas interesantes.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...