mércores, 20 de abril de 2016

9 de ABRIL do 2016

No programa de hoxe xa temos o equipo cáseque ao completo: LAURA SANTOS, ARMANDO FERNÁNDEZ e un servidor. Comezamos escoitando unha peza de música galega e deseguida facemos a primeira comunicación conectando con don CARLOS ALONSO, do Centro Galego de LLEIDA, que nos fala das pesqueiras de lampreas en ARBO e daquela zona. Despois aproveitamos a chamada e falamos con don XOSÉ TERCEIRO, Presidente do Centro Galego de Lleida, que nos pon ao corrente das novidades e actividades que veñen desenrolando e convídanos a que vaiamos a disfrutar delas. Agradecémosllelo e despedímolos con otra peza de música. 

A segunda Entrevista é con LYDIA BOTANA - a de Aquí para alá-, unha cantautora que nos engaiola coa súa conversa e virá a Barcelona para participar no Sant Jordi para nenos a vindeira semana. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos visitala e saudala en persoa, cando chegue aquí. 

 Na segunda hora, coma sempre, falamos co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que nos pon ao corrente das noticias que el escolle así como de varias e interesantes informacións que sempre ten para todos nosoutros. 

 Despois conectamos con PABLO do IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) que nos relata as diferentes actividades e relatorios que están a realizar nesa Gondomar chea de inquedanzas. Agradecémoslle a súa aportación e prometémonos voltar a conectar con eles para seguirmos informados. 

 Despedímonos de todos vosoutros propoñéndovos escoitar algunha peza musical galega. 

 A vindeira semana máis

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...