Unha nova emisión de radio en galego para tódolos nosos oíntes e seguidores, que nesta ocasión coordina ARMANDO FERNANDEZ, xa que o resto do equipo atópase en diferentes actos e compromisos que lles impiden poder acompañalo. A primeira comunicación é con PABLO CASAL, do IEM (Instituto de Estudos Miñoráns) para falar de algunhas das actividades e acontecementos que teñen lugar naquelas terras de Gondomar e arredores, a visita ao Aqua-Museo, Xogando Miudiño... ... e moitas cousas máis.
Agora Armando toma os mandos e fai un pequeno percorrido turístico falando das posibles visitas por TERRA CHHA e arredores, tentando amosarlles as posibilidades de visita interesantes que se poden facer por aquela zona galega de grande interese.
A segunda comunicación é co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que nesta ocasión ten coma convidado a GUSTAVO REY, do Bar "O Encontro", en Barrantes, gañador do Campionato Galego de "tirador de Cañas de cervexa". Ademais un grande afeccionado aos autos antigos e tamén un músico pertencente ao Grupo NOITE FECHADA. Unha conversa esclarecedora para sabermos algo máis sobre esa arte de servir as cervexas cun xeito máis esquisito e delicado.
Despídese de todos propoñéndolles escoitar varias pezas musicais galegas.
O vindeiro sábado máis...
1 comentario:
Me voy a enganchar.
Publicar un comentario