Hoxe, 16 de ABRIL, cúmplense exactamente 30 ANOS de existencia deste programa en galego de Radio Cornellà. ¡Felicitacións a tódolos que fixeron posible que esto continúe así!
Comeza o programa coa asistencia, nos estudos, de LAURA SANTOS, ARMANDO FERNÁNDEZ, OLIVER FERNÁNDEZ (Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro), MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN (socio Fundador desta nosa emisión radiofónica e primeiro director da mesma), INÉS e PAU; nos controis técnicos KIKO. Unha charla distendida comentando cousas relacionadas coa celebración e coa Asociación C.G.Rosalía de Castro, e proposta de audición dunha peza musical galega.
Entra nos estudos ALFONSO RICO, o anterior Presidente da Entidade e aproveitan para chamar a XOSÉ LAMELA, o anterior Director deste programa e actualmente correspondente do mesmo dende a Baixa Limia.
A segunda hora comeza conectando coas Rías Baixas, concretamente Comabarro, onde se atopa XULIO SIMÓN, colaborador desta nosa radio dende os comezos, que ten preparada a súa aportación cultural correspondente.
Despois chámanme a min, que non puiden asistir persoalmente, e comentamos algunhas das interesante noticias que están a comunicar aos nosos oíntes e seguidores.
A última conexión é con XOAN EIRIZ, cantautor galego que ven de publicar o seu CD número 12: "Verbas no vento" e comentan con el varios aspectos do mesmo, así como a próxima presentación nos medios.
A vindeira semana máis. Non deixen de sintonizarnos e seguirnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario