Un programa máis en galego, tentando que pasen dúas horiñas entretidas, con música galega, con entrevistas e charlas máis ou menos interesantes. Aproveitamos para darlle a Ben-vinda a Juan Pedro, Presidente de ASOBECAT, que falaremos con el para que nos valore a XIII Festa do Botillo en Cataluña, celebrada a principios de mes.
A primeira conversa é con LYDIA BOTANA, que nos fala do seu ultimo traballo : "De Aquí para Alá", un Libro CD, cheo de música Infantil, no que unha bolboreta imaxinaria percorre varios países e interpreta a música deses lugares. Agradecémoslle a súa amable atención e máis aínda porque se atopaba un chisco constipada, pero demos conta do recado: Informar aos nosos oíntes e seguidores dese traballo tan interesante e que está a acadar moito éxito entre a poboación Infantil. Desexámoslle unha rápida recuperación da súa doenza e moitísimos éxitos coa súa música.
A segunda comunicación-entrevista é con RICARD ROS, músico - gaiteiro - flautista, que nos presenta o "VIª Festival RUBRIFOLKUM 2016" que se celebrará en Sant Boi (Cal Ninyo), os días 11, 12 e 13 de MARZO, con moita participación de grandes intérpretes e grande aportación galega. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que teñan moitos éxitos.
Na segunda hora conectamos con Galicia, concretamente con Ourense, para falarmos con MARÍA DO CEO, e despois de agradecerlle a súa amable atención, comentamos o seu ultimo traballo que ven de presentar o día 22 de xaneiro pasado con grande éxito e que está a ter moita repercusión nos medios. Felicitámola por ese CD : "DE PORTUGAL A GALICIA, FADO", un traballo que desprende e amosa moitos sentimentos.
Tamén falamos con ISABEL GARCÍA FABA (Restaurante FLAUTA), a Berciana Ilustre 2016 agasallada por ASOBECAT no seu Festival. Felicitámola por ter acadado tal distinción e comprometémonos a volver a chamala para que nos siga dando ensinanzas relacionadas coa súa profesión hostaleira.
E para finalizar conectamos con don RAÚL VALCARCEL, Alcalde de Carracedelo e propietario das Adegas "Bodegas del ABAD", que tamén foi agasallado coa distinción de Concello ilustre e Berciano do ano no XIII Festival do Botillo en Cataluña. Felicitámolo e dámoslle as gracias por atendernos tan amablemente e desexámoslle que siga tendo moitos éxitos nesa súa andaina política e empresarial.
A vindeira semana máis. Non faltedes!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario