Nesta ocasión a emisión de hoxe diríxea o noso amigo XOSÉ LAMELA. Tódolos demáis compoñentes do equipo están ausentes por diversos motivos personais.
A primeira comunicación e entrevista é con don MANUEL MANDIANES CASTRO, un dos nosos grandes amigos e colaboradores, xaquelogo non é a primeira vez que falamos con el. Nesta ocasión coidamos que a entrevista que é moi coloquial e interesante, servirá para coñecer algo máis despois do éxito acadado coa publicación de "O río do esquecemento". Ven de presentar, na Editorial Sotelo Blanco: "El futbol no es así". Unha obra sobre a que falan un chisco como avance do seu contido.
Na segunda hora, este programa énchese de satisfacción e honra ao entrevistar a un gran Científico e Investigador galego, que ten acadado numerosos éxitos e Premios, moi merecidos. Trátase do Dr. ANXO CARRACEDO. Realizan esta entrevista o noso colaborador en Galicia XULIO SIMÓN e nos estudos dirixe XOSÉ LAMELA. Coidamos que esta será unha das máis interesantes e visitadas entrevistas realizadas no noso programa "Sempre en Galicia". Agradecémoslle a Xulio a súa aportación para que poideramos realizala.
Para finalizar, como case sempre facemos, falamos co noso poeta da mariña lucense: Paco Rivas.
A vindeira semana tentaremos ofrecerlles outro programiña en lingua galega, con sabor a Entroido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario