sábado, 20 de febreiro de 2016

13 de FEBREIRO do 2016

No programa de hoxe non podemos estar nos estudos Xosé Lamela e mais un servidor, Xulio C. Levan adiante a emisión LAURA Santos e ARMANDO Fernández. Comezan ofrecendolles escoitar unhas peciñas de música e deseguida conectan con Galicia para falar con LUCÍA SEOANE, do Concello de A ESTRADA, para que comentar cousas do Entroido e máis concretamente dos "Xenerais do ULLA". 

 Despois de escoitar outras peciñas de música galega, conectan con RICARD, responsable do "VI Festival RUBRIFOLKUM" que se celebrará en Sant Boi de Llobregat, na fin de semana do 12 de marzo vindeiro. Un programa interesantísimo. 

 Na segunda hora conectan novamente con Galicia, para falar con Xulio Simón, que nos presente a Santi, un dos responsables da Asociación de Cans de raza galega: Can de palleiro. Unha charla-entrevsita moi interesante. 

 Para depedir o programa ofrecénvos a escoita de varias interpretacións musicais escollidas para todos vosoutros. 

 A vindeira semana máis.

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...