domingo, 7 de febreiro de 2016

23 de xaneiro do 2016

A emisión comeza conectando con Galicia para falar con XOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ, Etnógrafo e grande coñecedor das nosas tradicións populares da zona Ourensana e moi concretamente da comarca Arraiana, ademais da súa implicación no "Couto Mixto", así como escritor asíduo do xornal O SIL. Mantemos unha conversa moi interesante relacionada con aquelas terras, na que se pode apreciar a súa aportación ensinante. 

 A segunda conversación é con dona EMMA GONZÁLEZ, de Expourense, que nos fala de XANTAR, o 17 Salón Internacional de Turismo Gastronómico", e ademais de convidarnos a participar dese grande evento, tamén nos informa das moitas actividades relacionadas con esa celebración. 

 Despois falamos con don RUBÉN FERNÁNDEZ, da Casa Castelao, A Fonsagrada, xa que están a preparar a XIX FEIRA do Butelo desa localidade, e na que participarán cunha mostra dos seus productos. 

 A seguinte entrevista é con don XESÚS RON, do Grupo de teatro CHEVERE, que virán a interpretar unha función teatral ao Auditorio de Nou Barris, en Barcelona. Agradecémoslle a súa colaboración e aportación informativa nesta nosa emisión. 

 A vindeira semana voltaremos. ¡¡¡ Graciñas por seguirnos !!!

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...