domingo, 1 de febreiro de 2015

24 de XANEIRO do 2015

Este programa da penúltima fin de semana de xaneiro, tíñamolo atrasado de "colgar" no blog... Aquí volo entregamos, co desexo de que sexa do voso agrado.
A primeira intervención e conversa-entrevista foi con XOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ, un grande amigo investigador e coñecedor das tradicións galegas enxebres e moi concretamente dos Entroidos galegos e raianos. Agradecémoslle a súa participación e aportación ao noso programa.

A segunda Entrevista é con MIRIAM FERRADÁNS, poeta de BUEU, gañadora de varios Premios e en particular do "Certame de Poesía Rosalía de Castro" da nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro, de Cornellà. Agradecémoslle a súa colaboración e prometémonos voltar a conectar con ela, para que nos siga informando dos seus proxectos e novidades.

A ultima intervención é con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que sempre nos ameniza a conversa con moitísimas precisións retranqueiras, cheas de reflexións.

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...