domingo, 1 de febreiro de 2015

Outro programa atrasado

17 de XANEIRO do 2015

Comeza o programa conectando con Galicia para falar con ELI RÍOS, que ven de recibir outro Premio. Ademais de felicitala, aproveitamos para comentar con ela varias cousas e agasallános coa recitación dunha das súas creacións poéticas.

A segunda intervención é con Xulio Simón que hoxe ten unha convidada especial: LOLI VELOSO NEIRA, que ven de publicar un libro moi interesante sobre ISAAC DÍAZ PARDO. 

Despois chamamos a PURA SALCEDA, grande poeta e amiga do noso programa, coa que mantemos unha conversa moi interesante.

Para finalizar, como casi tódolas semanas, chamamos á Mariña Lucense, para falarmos con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña, que sempre ten preparada unha intervención moi "retranqueira", acompañada dalgunha das súas composicións poéticas. 

Ningún comentario:

SÁBADO 28 de XUÑO do 2025

Último programa desta tempada 2024-2025, que comezamos coa nosa sintonía de sempre e anunciando en qué consiste o programa que temos prepara...