sábado, 28 de febreiro de 2015

Sábado, 28 de FEBRERO do 2015

Unha emisión máis deste noso programiña de dúas horas en língua galega. Comezamos propoñéndolles escoitar unha peza de música do recente CD que nos chegou á Redacción, de "OS MINHOTOS",  e que leva por título "Pinga d'auga"; e deseguida conectamos con Galicia, concretamente con EMMA GONZÁLEZ, Directora Adxunta de EXPOURENSE, que nos pon ao corrente do próximo "16 SALÓN INTERNACIONAL DE GASGTRONOMÍA E TURISMO DE OURENSE: XANTAR 2015", que se celebrará do 4 ao 8 de MARZO. Unha conversa chea de información.

Despois chamamos a RAMÓN ROLDÁN, responsable e coordinador principal da "40 FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA-ULLOA", unha mostra con moitísima afluencia de público e con moitas intervencións musicais: 3 días de concertos gratuítos.

Na segunda hora conectamos con noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao convidado de hoxe: don FRANCISCO JOSÉ FRAGA CIVEIRA, Alcalde do Concello de Piñor (Ourense) cos que mantemos unha conversa-entrevista moi interesante e entretida.

Agardamos que pasen unha semana moi feiticeira. Nós, voltaremos con máis cousas.

Ningún comentario:

SÁBADO 28 de XUÑO do 2025

Último programa desta tempada 2024-2025, que comezamos coa nosa sintonía de sempre e anunciando en qué consiste o programa que temos prepara...