Día de San Valentín e Festa do Entroido.
O programa de hoxe comezámolo conectando con Galicia, concretamente con don XOSÉ Mª EGUILETA, convidado que nos trae o noso colaborador XOSÉ LAMELA. Arqueólogo estudioso e funcionario actualmente na cidade de Ourense. Investigador e grande amigo do noso programa. Mantemos una conversa-entrevista chea de ensino, pois así nos pareceu a súa intervención.
Na segunda hora conectamos coas Rías Baixas, e Xulio Simón preséntanos ao seu convidado don MIGUEL A.FILGUEIRA, Concelleiro na cidade de Pontevedra, que nos poñen ao corrente da celebración do Entroido-2015 e outras cousas.
Falamos co noso poeta da Mariña Lucense, PACO RIVAS, e agasállanos con varias interpretacións músico-poéticas, que está a preparar, moi interesantes.
A ultima intervención é con don JUAN RODRÍGUEZ GÓMEZ DACAL, coordinador da revista XURDIMENTO, do Centro Galego de Lleida, que nos informa da presentación oficial do nº 28, a cargo do Ex-Alcalde desa vila. Todo un éxito de asistencia e gabanzas para esa publicación trilingüe. Agradecémoslle a súa aportación e prometémonos falar con el en vindeiras datas.
A próxima semana máis. Agardamos que nos sintonicedes. Seguro que será do voso agrado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario