Despois de varios días de "ausencia" obrigada, por mor de diversas circunstancias personais, hoxe tornamos ao traballo con todos vosoutros e a nosa primeira comunicación-entrevista é coma sempre, conectando coa BAIXA LIMIA para falarmos con XOSÉ LAMELA, o noso correspondente oficial que nos presenta ao seu contertulio convidado: XOAN CARLOS FERDEZ.RDGZ. que é o Delegado de ADEGA para Ourense. A súa aportación e a conversa que mantemos con eles seguro que vos será de grande utilidade, para coñecer un chisquiño máis polo miúdo, o entorno natural desa zona da nosa Galicia.
Na segunda hora non podemos comunicarnos co noso correspondente XULIO SIMÓN, nas Rías Baixas. Damos cumplida información de varias noticias que nos chegan á Redacción e continuamos na nosa teima.
Agora conectamos con LAURA SANTOS, que dende Santa Coloma de Gramanet fainos de corresponden para informarnos da Festa do 31 aniversario de "Airiños da Nosa Galicia", a Asociación Cultural Galega desa localidad. Preséntanos a OVIDIO, que nos fala da Entidade.
E finalizamos o programa desexándolles que pasen unha semana moi gorentosa.
A vindeira semana agardamos que volvan a sintonizarnos. Seguro que teremos novidades interesantes que comunicarlles e tamén haberá entrevistas de importancia. Nós desexamos facerlles agradables estas dúas horiñas de radio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario