Hoxe temos a ocasión de "colgar" o programa atrasado do 26 de Abril pasado. A emisión foi dirixida por Armando Fernández. Comeza coa intervención de ALFREDO GONZÁLEZ, o noso amigo cantautor que ven a presentar o seu novo traballo disco-CD editado en tres linguas.
Conecta con Galicia, concretamente coa Baixa Limia para falar co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que ten como convidado especial a AMERICO RODRÍGUEZ, un "raiano de Melgaço" galego-portugués, con moitas vivencias e experiencias.
Algúns comentarios máis sobre o Disco que acaba de editar e presentarnos en directo: VERITAS MI, que ven acompañado dun DVD con imaxes relacionadas coas interpretacións musicáis.
Charla con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas, que sempre nos agasalla cunha intervención chea de contido cultural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario