Unha nova emisión baixo a dirección de ARMANDO FERNÁNDEZ, xunto con LAURA SANTOS, que comezan o programa conectando con Galicia para falar con FERNANDO BARROSO, un músico e compositor galego de moita traxectoria e traballo con varios grupos musicáis e moi relacionado con grupos tradicionais galegos e cataláns.
A segunda intervención-conexión é co noso correspondente na Baixa Limia, XOSÉ LAMELA, co que manteñen unha conversa moi interesante.
Conectan con Galicia novamente para falar co XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas, que sempre nos ten preparadas unha selección de novidades e comunicacións engaiolantes e moi cheas de interese cultural.
Falan co noso poeta da Mariña Lucense, don PACO RIVAS, que sempre ten unha intervención moi retranqueira e por veces agasállanos con algunha das súas composicións poéticas.
Finalizan o programa despedíndose de tódolos nosos oíntes e seguidores desexando que volvan a sintonizarnos a vindeira semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario