sábado, 27 de abril de 2013

27 de ABRIL do 2013

Un sábado máis con todos vosoutros para tentar levar adiante este programiña de dúas horas, empregando o noso idioma galego. Nun primeiro momento saudamos ao equipo ao completo e despois de convidarvos a escoitar unha peza do novo disco de BUDIÑO "SOTAQUE", poñémonos en contacto con Xosé Lamela, que nos presenta ao contertulio desta semana don PABLO ALVAREZ, cos que mantemos unha amena conversa-entrevista.

Escoitamos outra peza de música e conectamos novamente con Galicia, concretamente con CANS, en Porriño (Pontevedra) para falarmos con MOISÉS, que nos pon ao corrente do X Festival de CANS, que se celebrará perante os días 22 ao 25 de MAIO vindeiros. Paga a pena escoitalo.

Dámoslle as felicitacións oportunas á nosa contertulia LAURA SANTOS, que ven de entregar ao prelo a revista de Airiños da Nosa Galicia, e que ela axudou a realizar. Unha magnífica edición que aínda que é tan só o número 19, celebra o 30 Aniversario da devandita Entidade Galega en Santa Coloma de Gramanet.

Falamos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas. Moi pouco tempo, por mor doutros compromisos que temos apalabrados, e prometémonos aumentalo a vindeira semana.

Na segunda hora realizamos unha serie de informacións que nos chegan á Redacción. Xogamos un chisco cunha noticia relacionada cos "sapoconchos". Provocamos un erro intencionado indicando que estes animaliños son as "tartarugas galegas", para que a nosa audiencia faga o exercicio de consultalo na Internet... (magoa da nosa malintención que non deu resultado e ninguén nos chamou; a verdade é que non facilitamos os nosos teléfonos). Noutra ocasión será, e farémolo con máis tempo e indicacións. Pedimos disculpas.

Poñémonos en contacto con EVA, da Asociación Músico-Cultural "O CASTELO", que son os organizadores da IX FOLIADA e Cantos de TABERNA en Melide. Felicitámolos e desexámoslles moitos éxitos. Noutra ocasión tentaremos falar con eles para que nos fagan unha valoración máis polo miúdo de tódolos actos que realizaron.

Despedímonos ate a vindeira semana, e agardamos que volvan a sintonizarnos.

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...