Outro programiña máis en galego, para tódolos nosos oíntes e seguidores. A parrilla de hoxe está moi ateigada de intervencións e participacións... Comezamos coa nosa chamada habitaul á Baixa Limia, para conectarnos co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao contertulio de hoxe: o Sr.Alcalde de CALVOS de RANDÍN (Ourense), don AQUILINO VALENCIA SALGADO, e cos que mantemos unha conversa-entrevista moi entretida. Prometémonos volver a vindeira semana, porque quedaron moitas cousas que comentar.
A seguite chamada é para recibir información, de primeira man, relacionada cos MAIOS de OURENSE: ALFONSO, responsable de Cultura do Concello de Ourense fainos unha pequena descrición de cómo se ten previsto realizar este evento tan importante que, dende tempos immemoriais vense celebrando na capital ourensana e que ten unhas particularidades moi interesantes.
Deseguida conectamos con REDONDELA, para falarmos con JULIA ALONSO, Xerente dos Empresarios desa localidade. Danos cumprida información da recén celebrada II RUTA DO PINCHO, e tamén da próxima realización da XXVII Festa do CHOCO de REDONDELA. Unha boa ocasión para visitar e disfrutar da gastronomía galega enxebre.
Na segunda hora comezamos conectando coa nosa colaboradora LAURA SANTOS, que nesta ocasión fainos de correspondente na 30 FESTA-ANIVERSARIO da Asociación Cultural AIRIÑOS da NOSA GALICIA, en Santa Coloma de Gramanet, e ponnos en contacto co seu presidente, don XOSÉ CANOSA, que nos convida a participar e disfrutar desa festa galega en Cataluña.
Novamente voltamos a Galicia, para poñernos en contacto con XULIO SIMÓN, que nos fala das cousas escollidas por el para ilustrarnos un chisco nos asuntos culturais e literarios, acompañados sempre de moita e cumprida documentación.
Xa no final da tarde conectamos con don JUAN JOSÉ FRANCO, Tenente de Alcalde e responsable de Cultura do Excmo. Concello de FENE, que nos convida a participar na VI CONCURSO DE TAPAS de FENE, que ten a particularidade de que tódalas TAPAS do Concurso son gratuítas... Paga a pena facer unha visita a ese Concello da Costa Coruñesa aínda que tan só sexa para disfrutar da degustación desas TAPAS que perante 5 fins de semana se realizan nesta localidade.
E rematamos o programa desexándolles que pasen unha feliz semana e que volvan a conectarnos o vindeiro sábado, que tentaremos levar adiante outro programiña máis, en galego e con música galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario