Unha semana máis voltamos a realizar este noso programiña de radio en galego. ¡Gracias a tódolos nosos seguidores, que nos animan a continuar con esta tarefa tan engaiolante e entretida, coa que pasamos dúas horiñas cheas de informacións, música e novidades relacionadas coa nosa cultura galega!
Na primeira hora conectamos coa BAIXA LIMIA, para falarmos, coma sempre, con XOSE LAMELA, o noso correspondente e ademais amigo e colaborador, que nos adianta algo relacionado coa "Semana Cultural da A.C.G.Rosalía de Castro" e cos seus Premios de Poesía "Rosalía de Castro de Cornellà", que chega á súa XXVI Edición, e de Prosa "Rosa Reboredo".
Conectamos con ARMANDO FERNÁNDEZ, que nos fai de corresponsal en Badalona, onde están a celebrar o XV Aniversario da Asociación Cultural AGARIMOS, e a homenaxe a don XESÚS GALÁN, poeta, gaiteiro e profesor dos compoñentes do Grupo de Gaitas da devandita Asociación.
Deseguida voltamos a conectarnos con Galicia, pero nesta ocasión con VIGO, onde se atopa a Profesora, artista e grande intérprete de ARPA, dona MARTA QUINTANA, coa que mantemos unha amena conversa-entrevista sobre o seu traballo e traxectoria musical. Agradecémoslle a súa atención e como é a primeira vez, contamos poder voltar a comunicarnos con ela noutro momento para que nos ofreza algún dos seus próximos traballos ou proxectos, que ten previsto publicar.
Na segunda hora, e para rematarmos o programa de hoxe, conectamos coas Rías Baixas, onde se atopa o noso colaborador semanal XULIO SIMÓN, que nesta ocasión, e entre outras cousas, fálanos da homenaxe que lle están a ofrecer a don XESÚS ALONSO MONTERO, en Ribadavia. Aproveita para facer un percorrido biográfico da súa persoa e ofrécenos a lectura dun texto moi interesante.
A vindeira semana máis e mellor, se podemos, claro.
¡¡¡ Agardámolos a todos !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario