3 de NOVEMBRO do 2012
Unha semaniña máis voltamos a ofrecerlles a emisión deste noso-voso programa de radio en galego. Na Redacción ARMANDO Fernández e un servidor, e nos controis centrais o noso técnico MARC FORT. Nesta primeira hora conectamos coa Baixa Limia para falarmos co noso correspondente Xosé Lamela, que nos presenta ao contertulio don JOSE ANTONIO ARMADA PEREZ, Alcalde do Concello de BANDE (Ourense) e con quen temos a oportunidade de coñecer un chisco mellor aquela fermosa zona, tan chea de engado e feiticeira.
Tamén nos comunicámonos con AIDA, da Asociación Cultural Galega AGARIMOS, de Badalona, que nos pon ao corrente das moitas actividades que están a programar e que paga a pena aceptar a súa convocatoria e asistir a elas, cando menos o seu XV FESTIVAL AGARIMOS, que se celebrará o vindeiro día 24 de novembro. Aínda que se desexan participar e disfrutar dunha festa enxebre, poden achegarse a Badalona para degustar as castañas e bolos preñados que se repartirán o vindeiro día 10, con motivo da celebración do seu MAGOSTO - 2012.

.jpg)
E xa rematamos, pero denantes aproveitamos para enviarlle os nosos PARABENS de felicidade á nosa querida familia de AMELIA e ANTONIO, que recuncan como avós dunha criatura feiticeira e que chamarán MARTIN, fillo da súa GISELA.
A vindeira semana voltaremos con máis noticias, música, entrevistas e novidades.
¡¡¡ AGARDÁMOLOS A TOD@S!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario