domingo, 11 de novembro de 2012

10 de NOVEMBRO

Hoxe comezamos comentándolles as novidades e propostas para escoitar durante estas dúas horiñas de radio en galego. Non poderemos contar con Xosé Lamela, nin tampouco con Xulio Simón, os nosos correspondentes en Galicia. Certas obrigas personais e outros compromisos impídenlle poder atendernos. A vindeira semana voltaremos a telos con nosoutros, seguro.
Aproveitando a amizade e colaboración que nos ten dispensado SUSO DÍAZ, da Baixa Limia, conectamos con el. Unha conversa moi interesante e amena, na que nos pon ao corrente das celebracións dos "ARRAIANOS" e doutras cousasa importantes, como a publicación do libro VIEIROS DE PALABRAS, que se pode encargar á librería CONDE, de Celanova.


Recibimos, nos estudios, a AIDA e HECTOR, irmáns gaiteiros de A.C.G.AGARIMOS, de Badalona. Sempre son ben-vidos os nosos contertulios, pero neste caso, sendo quenes son moito máis. Deseguida nos poñen ao corrente das próximas actuacións que teñen previstas: "O Magosto, con castañas e bolos preñados", para este mesmo serán-noite; a "Feira do POLBO", para o vindeiro domingo día 18 e o "XV Festival Aniversario de AGARIMOS", no Teatro Pincipal de Badalona.


Agasállannos coa interpretación, en directo de dúas Muiñeiras, e volvemos a falar un chisquiño das moitas actividades e actuacións que teñen previsto nesta Asociación Cultural Galega de Badalona.


Despedimos aos nosos "convidados" desexándolles moitos éxitos nas súas celebracións e deseguida poñémonos en contacto coa Mariña Lucense, para conversar e recibir a PACO RIVAS, o noso poeta lucense, que sempre nos ten engaiolado coas súas conversas e coas súas creacións poéticas. Recita unha poesía extraída dun recopilatorio, que nos recomenda, publicado pola Xunta de Galicia. Agradecémoslle a súa aportación e despedímonos ata a vindeira semana.


¡Que pasen unha semana moi feliz!
¡Agardámolos o vindeiro sábado!

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...