Neste segundo programa do ano temos a sorte de ofrecerlles a tódolos oíntes unha "exclusiva" do novo disco de LUAR NA LUBRE "Solsticio", e despois de adiantarlles algunhas das propostas para este programa, xunto coa lectura das principais noticias chegadas á nosa Redacción. A seguir escoitamos un corte dise novo disco de Luar Na Lubre, concretamente: A saia da Carolina.
Continuamos a nosa andaina e comunicámonos con PEDRO J. PEREZ, Presidente do Grupo de Empresas "DUPLEX", que se atopa precisamente en Italia, asistindo a unha Feira de Xoias. Temos que agradecerlle a súa inestimable colaboración desinteresada, que se converteu o ano pasado en sendos agasallos con motivo do noso Concurso-Sorteo de "Sempre en Galicia", e xa temos confirmada o seu patrocinio para o "25 aniversario do noso programa".A nosa conversa está motivada, entre outras cousa, pola recente homenaxe que os xoieiros de Galicia lle fixeron en Baiona. El mesmo nos di que fala moito, pero a verdade é que é moi amena a súa disertación.
A seguir poñémonos en contacto con MANUEL BARCIA, un amigo e colaborador tamén da nosa emisión, membro da Asociación "Orgullo del Bierzo", que nos pon ao corente da "VIII Fiesta del Botillo en Cataluña", prevista para o vindeiro día 12 de febreiro, no Hotel SERHS CAMPUS de Bellaterra, e na que aproveitarán para homenaxear ao poeta berciano GUSTAVO VEGA MANSILLA. Fainos un adianto das novidades e personalidades que asistirán a este evento que será conducido polo tamén berciano LUIS DEL OLMO. Tamén nos informa do menú previsto:
1º Pica-pica, con productos do Bierzo: Cecina, chourizo, lacón, tartaletas, xamón, empanada...
2º Botillo, con cachelos e repolo.
3º Postre berciano, con sorpresa para os asistentes, cafes e chupitos.
Todo elo regado con viño procedente das veigas da comarca do Bierzo. Para debullar e dixerir mellor este menú, haberá unha orquestra que amenizará a sobremesa. O prezo será de 35 €uros por comensal cunha oferta especial do Hotel para poder alugar unha habitación doble por 51 €uros máis, par non ter que desprazarse despois de tan completa degustación gastronómica.
Paramos un ratiño para a Publicidade e continuamos a falar con Manolo Barcia da ASOBECAR, Asociación de Bercianos en Cataluña, sobre a "VIII Fiesta del Botillo en Cataluña". Aquí escoitamos a segunda parte desta nosa conversa:
Na segunda horiña falamos, como cada semana, con Xulio Simón, que nesta ocasión atópase na Fonsagrada, para asistir ás "Iª Xornadas sobre a situación Sociolingüística das comarcas EO-NAVIA", e aproveita a ocasión para poñernos ao teléfono á responsable e coordinadora deste acto, dona Marisé coa que mantemos unha pequena conversa, a pesares do frío intenso que xa estaba arrecendo naqueles lares. Aquí tedes a nosa conversa:
A ultima intervención é a de PACO RIBAS, o noso Poeta da Mariña Lucense, quen nos agasalla, coma sempre, coa declamación de varias das súas composicións.
Agardamos voltar a contar coa vosa atenta escoita. Ate a vindeira semana.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024
O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...
-
1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aqu...
-
Ola Outra vez: Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFI...
-
Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en...
Ningún comentario:
Publicar un comentario