domingo, 9 de xaneiro de 2011

Primeiro Programa do 2011

Dámoslle a Ben-vida a tódolos nosos oíntes, escoitantes, simpatizantes e seguidores. Pretendemos pasar dúas horiñas agradables. Despois da sintonía de iniciación, ofrecémoslle un adianto das noticias que nos chegan á nosa Redacción. A locución correspóndeme a min, un servidor de vostedes (Xulio Couxil). Nos controis técnicos temos a Marc Fort. A nosa primeira comunicación telefónica é con MANOEL CARRETE -Historiador e Abogado), o noso amigo e colaborador a quen lle desexamos o mellor para este 2011. Fainos unha pequena semblaza do Catedrático de Xeografía don Francisco Rio Barja, cuxo pasamento sucedeu os mércores pasado mentres pasaba uns días de vacacións en Tenerife. Mágoa que teñamos estas perdas e interrupcións, que nos cortan o fío do que viñamos compartindo con todos vosoutros. Destas informacións mellor non ter que repetilas, por máis que é lei de vida, pero mellor atrasalas o máis posible para disfrutarmos da posibilidade de escoitar e disfrutar da compaña deses grandes personaxes da nosa Cultura Galega, que nos preceden e dos que temos moito que aprender. Desexamos un Feliz aninovo 2011 aos compoñentes da nosa patrocinadora: á "Asociación Cultural Rosalía de Castro". Falamos con Ricardo, que foi presidente da mesma en anteriores anos, que nos informa dalgunhas novidades e acontecementos relacionados coa Entidade. Por exemplo: acaban de ter a visita, no Restaurante do Centro, do Ex-President da Generalitat Sr.Montilla. Fala dos actos que estan programados realizar na Entidade, destacando un "Cursiño de gastronomía" nos locais da Nosa Asociación. O Vicepresidente "Alfonso", confírmanos a información de Ricardo e adiántanos que todo está preparado para seguir na mesma liña de anos anteriores: Campionato de Tute e Brisca, Cursos de Baile de Salón, Yoga, Manualidades e Pintura, Danza Galega e Gaita galega, xunto coa interpretación xestual e lingüística, a preparación do Entroido, o Xantar de Inverno ou tradicional "Cocido Galego", no que é imprescindible posuír unha boa pota para incluír nela os chourizos, as androllas, o lacón, os grelos e as patacas... Todo elo moi ben adobado e acompañado con bon viño de Denominaciòn de orixe Galega. Desexámoslle moitos éxitos nestes obxectivos.

A seguinte comunicación é con Xulio Simón, o noso correspondente en Galicia, a quen sorprendemos facendo algunhas compras aproveitando esta fin de semana de rebaixas, pero aínda ten un bocadiño de tempo para darnos a coñecer algunha que outra novidade daquelas terras. Para a vindeira semana prométenos unha entrevista con personaxes importantes e comprometidos coa nosa Cultura Galega, xa que asistirá en "A Fonsagrada" a un curso moi interesante.
Novamente facemos contacto con Xosé Carlos G.González, responsable de Cultura da A.C.G.Rosalía de Castro, tanto para desexarlle un bo comezo de ano, como para que nos informe do resultado dos Premios de Poesía e Narrativa que se fallaron no 18 de decembro pasado na Entidade.
E a ultima conversa mantida en directo neste programa de hoxe foi con Paco Rivas, o noso Poeta da Mariña Lucense, que ademais de manter unha amena charla fainos a 1ª regalía do ano recitando tres poemiñas da súa autoría. Agradecémoslle-lo e saludámonos ata a vindeira semana.
Agardamos que a próxima fin de semana poidamos facer un programa tan entretido e ameno coma hoxe. Pasaremos "lista" e desexamos que volvan a sintonizar con nosoutros.

A grabación desta semana aínda non puiden "repartila" tal e como acostumamos en edicións anteriores, pero ao longo desta semana farémolo. Polo dagora podedes escoitar o programa enteiro (podcats) na seguinte enderezo:   http://www.avmradio.com/sempregalicia/Podcast.html

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...