Encetamos a nosa locución adiantándolles o que imos a tratar durante estas dúas horiñas de radio en galego: Novidades que nos chegan á redacción, estrea dun novo disco dos "QUEMPALLOU" que leva por título: "Once anos mallando", outro do grupo "KEYMPA", "Menú do Día", conexión con Rosalía de Castro para que nos informe do Campionato de Tute que se está a celebrar na Entidade, Conexión con Galicia para que Xulio Simón nos poña ao corrente dalgunhas das cousas que elixiu para esta semana e finalizaremos coa chamada semanal a Paco Rivas, o noso Poeta da Mariña Lucense, que sempre nos agasalla con unha ou dúas das súas creacións poéticas.
A nosa primeira comunicación-conversa é con ALFONSO RICO, Vicepresidente da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos explica cómo vai o "Campeonato Anual de TUTE", na Entidade. Tamén nos fala das diferentes actividades programadas para tódolos socios; unha das máis salientables é o "Cursiño e Cociña" que comezará na vindeira semana.
Poñémonos en contacto con XULIO SIMÓN, que nos fai un percorrido moi interesante pola Cultura Galega do momento, e convida a tódolos ointes a reler a Cunqueiro e outros escritores galegos de relevancia.
A ultima intervención é a de PACO RIVAS. Sempre cun verbo moi axeitado, sempre cunha dedicatoria moi afervoada aos mariñeiros da costa lucense, e rematamos o programa escoitando as súas creacións poéticas tan fermosas.
Ate a vindeira semana. ¡Que sexan moi felicies!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024
O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...
-
1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aqu...
-
Ola Outra vez: Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFI...
-
Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en...
Ningún comentario:
Publicar un comentario