Esta semana temos moitas informacións e noticias que nos chegan de Galicia. Comezamos puntualmente, coma sempre, coa música-sintonía do programa: Cristina Pato, e deseguida damos cumprida información do que temos pensado facer nestas dúas horiñas de programa.
A primeira comunicación con Galicia é para falar con don LISARDO FERNÁNDEZ GÓMEZ, o responsable da Vivenda Rural-Restaurante "A Nosa Casa", de Viana do Bolo. Mantemos unha pequena conversa moi agradable e ofrécelle a tódolos oíntes a posibilidade de coñecer aquelas terras, aloxándose na "Súa Casa" unha fin de semana con pensión completa por tan só 35€ por persoa e día. Agasallo importante para os que desexen visitar esas terras.
Despois dunha lectura apurada de varias informacións e comunicacións que nos chegan á Redacción, conectamos novamente con Galicia, concretamente con JUAN JOSÉ RODRÍGUEZ VAQUEIRO, o responsable do Hotel-Spa de Santa Mariña da Ponte, peretencente tamén a Viana do Bolo. Aproveitamos a información que temos, gracias á revista nº 6 de Saudade. Dinos que acaban de inaugurar esas instalacións o día 2 de xaneiro pasado. Ofrécelles aos oíntes tódalas posiblidades de disfrutar daquela paraxe extraordinaria e idílica que se atopa naquel val de Santa Mariña da Ponte, pertiño do encoro de Vilariño de Conso, a 12 quilómetros de Viana do Bolo. Para as datas do vindeiro Entroido xa teñen tódalas habitacións reservadas, é dicir non hai prazas. Pero convídanos a que pasemos unha fin de semana aproveitando as ofertas especiais que teñen. Poden achegarse á súa páxina: http://www.santamarinadaponte.com/ . Quedamos emprazados para facerlles unha visita noutro momento.
Na segunda hora conectamos novamente con Galicia e dende Combarro recibimos a comunicación de XULIO SIMÓN, como ven sendo habitual. Énchenos de ledicia saber que a pesares das previsión metereolóxicas adversas, aínda non se produxo ningunha noticia desfavorable, non sendo a suspensión das competicións deportivas nas instalacións escolares.
Falando con PACO RIVAS, indícanos que o temporal sobre a Mariña Lucense xa remitiu e ao parecer as inclemencias son as propias dun inverno un pouco máis grande ca en anos anteriores. Desexamos que continúe dese xeito, e deléitanos con varios poemiñas da súa autoría.
Rematamos o programa escoitando a María do Ceo e desexando voltar a telos como oíntes e participantes das nosas inquedanzas a vindeira semana.
luns, 2 de febreiro de 2009
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024
Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...
-
1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aqu...
-
Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en...
-
Ola Outra vez: Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFI...
Ningún comentario:
Publicar un comentario