luns, 26 de xaneiro de 2009

24 de xaneiro do 2009

Nesta ocasión, despois da sintonía do programa, coma sempre, con música de Cristina Pato, dámoslle a benvida a tódolos oíntes poñendo unha peza de musica para convidar a tódolos oíntes a que participen con nosoutros e que nos soliciten, se así o desexan, algunha das pezas que temos na nosa biblioteca discográfica.

Temos a chamada dun dos nosos máis asíduos oíntes, o "tocaio Xulio", que nos pide unha peza de calquera banda de música galega. Compracémolo e pasamos á nosa primeira comunicación con Juan, o presidente do Centro Agarimos de Badalona, que nos pon ao corrente da "festa do polbo" que celebraron o sábado pasado no sede do Centro, na rúa París de Badalona.

Despois dámoslle as nosas felicitacións a Mario Senén, Presidente da Asociación Saudade de Barcelona, pola publicación que acaban de facer da moi coidada revista do Centro. Indícanos que seguen a traballar e facendo cousas para que tódolos galegos, e non galegos, que desexen achegarse á rúa Chapi, 18-20, serén ben recibidos. Convida a tódolos oíntes a que se apunten para celebrar con eles a "Festa do Entroido" que se celebrará o vindeiro día 14 de febreiro no Hotel Hesperia Tower de Hospitalet.

Saudamos, a continuación a Suso, da Baixa Limia, e mantemos unha amena conversa con el, falando de moitas cousas en torno ás inquedanzas que compartimos.

Na segunda hora comezamos con outra peza de música moi novidosa: Ny Hiraira, composta por Kepa Junquera e interpretada por varios artistas colaboradores con el no seu fenomenal disco, como María del Mar Bonet, entre outros moitos, e sérvenos de presentación da nosa entrevista estrella con Xosé López Rivas, xunto con Xulio Simón. A longa conversa xira sobre a participación de Xosé no ultimo DAKAR. Unha experiencia engaiolante con moitísima información do que se precisa para poder participar nunha das máis importantes probas deportivas do mundo.

Dámoslle as nosa felicitacións a Paco Rivas que nos informa do momento inclemente do tempo que está a decorrer neses instantes en Galicia e moi concretamente na Mariña Lucense. Específicamente atópanse sen luz dende fai moitas horas, pero aínda ten espazo suficiente para nos declamar algunha das súas composicións poéticas.

Remata o noso programa de hoxe coa colaboración, de cada semana, da nosa "poeta galega en Catalunya" IRIA, que nos amosa un pouco do quefacer de Méndez Ferrín.

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...