luns, 27 de outubro de 2008
25 de outono 2008
Esta semana comezamos cunha axenda ateigada de informacións e comunicacións. Acompáñamos MANOEL CARRETE, historiador, licenciado en dereito, escritor e un colaborador inestimable. A primeira cousa que nos informa é das celebracións que teñen previstas os da Asociación de MOLLET: A festa do Mogosto, a Misa cantada polo Coral da mesma Asociación no vindeiro domingo e que será grabada pola TV3... Tamén nos visita MANUEL RIVELA LÓPEZ, un naturista que ven a ofrecer as súas sabenzas a tódolos nosos oíntes. Ten o seu local na Avenida San Ildefonso, 12.Local 32 de Cornellà : "Mar Salut Integral", e o seu teléfono é 934712524. Un adianto: na vindeira fin de semana voltará a poñerse en contacto con tods para informanos do data e hora da súa "CHARLA-CONFERENCIA" sobre a saúde naturalista no local social de "Rosalía de Castro", na rúa Federico Soler 71.
A primeira entrevista-charla é, tal e como prometíamos a semana pasada, con JUAN PRIETO, Presidente da Asociación Cultural AGARIMOS, de Badalona, perante a que nos enteramos da celebración do "Concurso-Festa da Empanada e do Roscón" na Entidade, celebrado o día 11 pasado, e o convite a tódolos galegos que o desexen ao "Magosto" que celebra a Entidade o día 8 de novembro próximo. O enderezo : Rúa Paris 45 baixos. O seu teléfono: 934602022. As características desta festa teñen unha especialidade moi particular, xa que acostuman a "disfrazarse" algunhas persoas de "Castañeiras" namentres se asan as castañas nun tambor axeitado para así poder degusta-las castañas recén feitas e quentiñas. Os "bullotes" repartense para tódolos asistentes xunto cun "bolo preñado" e viño para acompaña-la degustación.
*As informacións que nos chegan de Galicia teñen un tinte luctuoso, xa que enterámonos do falecemento de CONSTANTINO GARCÍA, académico fundador do ILG e do pasamento de RUBÉN GARCÍA, director da Mostra de Teatro de Rivadabia.
*Sen embargo as seguintes son de celebracións xa que AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, é galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil, dotado con 20.000 euros. O xurado valorou o libro de relatos O único que queda é o amor,que publicou o pasado ano en galego.
*Tamén celebramos a entrega do Premio Nacional de Ensaio a JUSTO BERAMENDI GONZÁLEZ, polo seu traballo "De provincia a nación. Historia do Galeguismo Político". Xa tiña recibido o Premio da AELG, no mes de abril pasado, e o Losada Diéguez no mes de xuño.
*Noutra orde de cousas demos a coñecero acordo que acaban de asinar a Editorial Galaxia e o potente buscador da Internet Google, para achegar os seus libros á rede. Segundo informan dende a editorial, estarán dispoñibles para consulta obras completas, aínda que noutros casos subiranse fragmentos, segundo decidan os seus autores.
*A revista rock dos Países Cataláns distribuirá un CD de música galega actual. Baixo o epígrafe "A nova fornada de pop en galego", o disco reúne a 18 artistas como exemplo de calidade das bandas galegas así como do amplo abano de estilos que interpretan.
* Ponte...Nas Ondas, crea a figura de "Tesouros vivos", para recoñecer os portadores do saber tradicional. Santi Veloso afirmou que seguirá a traballar para que o patrimonio inmaterial galego-portugués sexa recoñecido como Obra Mesta da Humanidade pola UNESCO. Entre as vindeiras accións que prevé desenvolver o colectivo está a creación da figura de "Tesouros vivos da Eurorrexión", que recoñecerá as persoas que conservan e transmiten os coñecementos tradicionais.
Conectamos con Galicia e pómonos en contacto con XOSÉ MANUEL MERELLES, responsable de Prensa de Turgalicia. A conversa é para informarnos de tódalas ofertas e posibilidades ás que se poden acceder dende a súa páxina: www.turgalicia.es. Fainso partícipes das moitas posibilidades que existen para visitar e disfrutar en Galicia. Comunícanos que Turgalicia estará presente no 15 SALON INTERNACIONA DE TURISMO de Cornellà - AGROTUR 2008, e que tódolos visitantes poderán recoller de primeira man, os folletos informativos relacionados principalmente co turismo de interior. Unha longa conversa na que fixo un relatorio extensivo das moitas e marabillosas ofertas de estancia e disfrute na nosa terra. Quedamos en poder contactar en sucesivas ocasións para podermos continuar informando, aos nosos oíntes, desas novidades.
O noso amigo RUBÉN ALONSO DE PONGA, danos a noticia de que esta mesma noite preséntase no local social do "Centro Leonés de Barcelona" a súa terceira novela "El canto de la Carabiella", unha obra deste escritor e histórico practicante de loita leonesa natural de Valbuena del Roblo. As pegadas e quebrantos da Guerra Civil na montaña leonesa forman o eixo desta obra editada por Wenaewe.
A entrevista máis salientable desta xornada estivo centrada coa participación de XULIO SIMÓN, que nos achegou á figura e persoa de don AVELINO POUSA ANTELO, que perante máis de 35 minutos estivo falando con todos nós e dándonos pinceladas moi xugosas dalgunhas das moitas vivencias. Grabámola e estamos traballando para podermos facer eso que temos prometido: Colgala para que se poida descargar e escoitar directamente. Seguimos a traballar nese eido e seguro que non tardaremos en poder ofrecérllela, xunto coas outras prometidas.
*** Envíalle un agarimoso saúdo a ANABELEN e aos compoñentes do grupo de Teatro Anduriña, de Rosalía de Castro-Cornellá, porque están a repasar e ensaiar a obra de teatro que voltarán a interpretar na inauguracións das novas instalacións da Asociación Cultural Galega da Llagosta, os días 14,15 e 16 de novembro. Desexámoslles moitos éxitos nesa nova xeira.
Premer aquí para escoitar unha parte do programa
IRIA intervén para darnos unhas pinceladas dunha poeta catalana contemporánea: María Mercè -Marçal (Barcelona 1952-1998). Unha declamación feiticeira de dúas das súas creacións poéticas a nº 13 "Naufragi Astral" e a nº 15. Tamén as temos grabadas e prometemos publicalas, ou colgalas, como as outras.
*Rematamos o programa de hoxe coa intervención de PACO RIVAS e regálanos estas dúas composicións:
Nun búcaro gardo un bico
que un día me tiñas dado,
enchino de auga de rosas
e o bico queda medrando.
Se te vas déixame a cor dos teus dedos
se te vas déixame a flor dos teus labios.
E o corazón nun latexo.
Xa non quero estar sen ti
porque avida sen ti váise,
porque o día faise noite,
porque a xente faise naide,
porque o ceo faise inferno,
porque a min quéimame o aire.
Ata a vindeira semana. (o 8 de novembro, porque o día 1 é festivo)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024
Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...
-
1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aqu...
-
Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en...
-
Ola Outra vez: Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFI...
Ningún comentario:
Publicar un comentario