sábado, 18 de outubro de 2008

18 de outubro

Un día máis, o noso programa comeza con novidades interesantes: Acabamos de poñer en marcha un novo "xogo" interactivo entre os socios-oíntes e simpatizantes para que participen connosco chamando por teléfono ao noso programa e así poder recibir como agasallo un libro e un CD de música galega: No Bico un Cantar (17 canccións de 17 autores galegos, editado con motivo do día das Letras Galegas, o 17 de maio).
É un adianto da proposta que recibimos por parte de Manuel, o responsable do Bar-Restaurante ROSALÍA DE CASTRO, na rúa Federico Soler, 71. Os oíntes teñen que chamar ao número 933 778 200, ou enviar un "email" a semprengalicia@gmail.com, para poder recibir ese agasallo. Xa entregamos unha bolsiña co primeiro premiado e que, casualidades de vida, tocoulle a un tocaio meu, Xulio o gallego, segundo se dentificou e que ademais aproveitou para pedir unha peza de música dunha banda de música. Quedou compracida a súa demanda e tamén lle deixamos o agasallo no Bar-Restaurane. Coido que o "xogo-concurso" será ben recibido e tiraremos proveito del todos.

Nesa primeira hora tivemos a ocasión de falar con Juan Rodríguez Gómez Dacal, Vicepresidente do Centro Galego de Lleida, quen nos informou das moitas actividades que están a desenrolar. Comentounos que estiveron no Val d'Arán, representando a tódolos galegos de Catalunya, pois aproveitando que celebraban o "DÍA DE BREOGÁN", de cada ano, nesta ocasión fixeron a súa actuación na igrexa de Vielha e ao final deron un concerto na mesma igrexa do seu repertorio, rematando o acto co himno aranés, cousa que fixo chorar a máis dun dos asistentes, pola fermosa interpretación que fixeron. O día 12, como teñen por costume cada ano, voltaron a ter unha actuación memorable: O Coral CENGALLEI, foi o encargado de cantar na misa solemne que concelebrou na catedral o recen nomeado bispo de Lleida. Outro éxito máis. Tamén nos puxo ao corrente das seguintes actuacións que teñen previstas: Un Curso intensivo de Lingua galega nos meses de novebro e decembro próximos; O día 1 de novembro O Magosto tradicional, ao que son convidados gratuitamente tódolos socios e simpatizantes, pero que ademais fanno partícipe dos costumes desta terra xa que ademais das imprescindibles castañas asadas, acompañan a degustación cos famosísimos e prezados "panellets", regado todo elo con bo viño galego e moscatel. Despois adiantounos que xa teñen todo preparado para a celebración da Semana Cultural da Federación de Casas Rexionais de Lleida, dende o 12 de novembro ata 23, que rematan cunha cea conxunta no famoso restaurante "Forn de Nastasi".

Tiñamos previsto conectar con outro Juan, o Presidente da Asociación Cultural Galega AGARIMOS, de Badalona, para que nos informara do Concurso de Roscóns e Empanadas que se celebra mañá 19 de outubro, na Sé da Entidade, pero non nos foi posible. Quedamos para a vindeira semana e coido que foi mellor porque así teremos a oportunidade de que nos comente qué participación tiveron e cómo foron os premios.

A seguinte comunicación foi con Ricardo Pérez, Presidente da nosa Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO, que nos informou da excursión que mañá farán a unha localidade catalana de prestixio e na que pasarán un día de irmandade. Como a "matriculación" foi moi abondosa e como queira que o Restaurante contratado non tiña espazo suficiente para atender a tantas persoas, decidiron dividir a visita en dúas tandas, de modo que a vindeira semana sairá un segundo autocar cara a mesma localidade, para disfrute dese día en boa compaña e harmonía.
Aproveitamos para falar coa directora do grupo de teatro Anduriña, dona Amelia. Díxonos que xa teñen comprometida unha próxima actuación na Llagosta.

Logo tivemos a ocasión de falar con Manuel que nos transmitiu a idea e a suxerencia de que puxeramos en marcha un concurso para que os nosos oíntes se poñan en contacto connosco e teten de adiviñar a resposta a unha pregunta que faremos ao comezo do programa próximo. As persoas participantes deberán contestar correctamente unha pregunta moi sinxela, relacionada co programa, con Galicia ou coas informacións que imos dando. As persoas acertantes participarán nun sorteo e os gañadores recibirán unha invitación consistente en : "UNHA MERENDA NO BAR-RESTAURANTE ROSALÍA DE CASTRO". Comezamos con ese pequeno detalle, e se cumplen as espectativas e os efectos desexados pedirémoslle a Manuel que amplíe a oferta ou agasallo. De momento temos eso concertado e agardamos que participen moitos oíntes.

Xulio Simón tivo a grande idea de falarnos de cousas moi interesantes relacionadas coa coincidencia e celebración do ano Rodoreda. Disfrutamos das súas verbas, que adornou cunha serie de poemas alusivos a toda a súa disertación. Quedamos en que nos enviaría ese traballiño e prometemos colgado neste noso humilde "blog", para que os que así o desexen poida votar man del.

Xosé Lamela, antiguo director do noso programa "Sempre en Galicia" complementounos a información que tiñamos sobre o Plan Director, e outros plans plans sobre a Vía Nova, xunto con outros proxectos incluídos no Interreg demandado á Comunidade Europea. Desexámoslle moitos éxitos e queremos que pronto teñan unha resposta afirmativa e con moito orzamento, para levalo adiante. Meréceno.

Os ultimos minutos corresponderon ao noso RECUNCHO POÉTICO, que corresponde a PACO RIVAS facéndonos partícipe das súas creacións e IRIA, que tamén nos da unha visión moi interesante nese eido da creación poética. Nesta ocasión escoitamos, na súa melodiosa voz declamatoria, dous poemas en galego de García Lorca, pero para introducilos escoitamos primeiro a lectura dunhas fermosas verbas de Kike, cando estivo en Granada.
Un broche final do que participamos tódolos que a escoitamos.
Ata a vindeira semana

Temos xa o traballo de XULIO SIMÓN. De momento ofrecémosvolo deste xeito:

1908 ANO DE NACEMENTO DE MERCÈ RODOREDA

GALICIA
Nacen:
Xenaro Mariñas del Valle (A Coruña; idem 1999).
Xosé Otero Abeledo “Laxeiro” (Lalín; Vigo 1996).
Urbano Lugrís González, fillo de Manuel Lugrís Freire (A Coruña; Vigo 1973).
Benigno Andrade García “Foucellas” (Foucellas-Cabrui-Mesía-A Coruña; 1952 A Coruña).
O actor Tomás Ares Pena “Xan das Bólas” (A Coruña; 1977 Madrid).
Juana Teresa Juega López ía saca-lo seu 1º libro de poesía : Alma que llora, con prólogo de Leopoldo Pedreira, pero o seu noivo opúxose, e ante a resistencia dela, feriuna gravemente e despois suicidouse.
Xesús Rodríguez López: Gallegadas, con alegrias de la tierra.
Emilia Pardo Bazán: La sirena negra.
Valle-Inclán: Romance de lobos.

Morren:
Manuel Curros Enríquez (A Habana; Celanova 1851):
“ ¡Mala morte mate á Morte!:
veu por Curros, ¡viña tola!,
e Galicia queda sola,
i o Estro Viril sin norte;
mais…¡leria!, que aínda foi sorte prós que o Vate apouvigara:
raposos, ¡a loita para!,
caciques, ¡ollar vos toca
como cai terra na boca
de quen vos cuspeu na cara!”
(No enterro de Curros A. Noriega Varela).

A revista Galicia da Habana, dirixida por Constantino Horta, adícalle un número monográfico o 15 de marzo a Curros Enríquez, falecido o día 7 no Hospital do Centro Asturiano. A esta revista pertencía a bandeira galega que envolvía o ataúde do poeta en que foi enviado á Coruña.
O día 20 de marzo reclamado pola Academia Gallega, que presidía Murguía, embarcan os restos no vapor “Alfonso XIII”, rumbo á Coruña, a onde chega o 31 de marzo, acompañado polo presidente do Centro Gallego López Pérez, o músico Chané e o poeta Nan de Allariz:
“¡O terrón! Se a sorte cruel
me fai o mundo deixar
fóra del e de meu lar
galegos, ¡leváime a el!
¡ Alí podrei descansar!”
(Curros).


Co gallo dos traslados dos restos de Curros Enríquez a Galicia dende a Habana, Salvador Rueda escribiu a etopeia que comeza así:

“Espíritu abrasado de sed de lo infinito,
alma que ardió inextinta, cual taza de incensario,
llevaste en tus entrañas un buitre solitario,
que retorció tus labios en un eterno grito.

Formó una iglesia fría, con aras de granito,
tu congelado culto, sin luz y sin sagrario;
rezaste con blasfemias, grandioso visionario,
y en versos inmortales quedó tu rezo escrito.

Están en tus estrofas, cual garfios vengadores,
colgados, como en las horcas, los viles y opresores,
que son de la justicia baldón y vilipendio.

Lanzas los truenos hondos del agrio Jeremías,
escupes a los cielos las brasas de Isaías,
y tienes en la lengua los filos de un incendio.”

Aparece a revista “Compostela”, co subtítulo de “Revista literaria”.
Nace “El Eco de Villalba”, dirixido por Manuel Mato Vizoso.
O 17 de agosto aparece en Lugo como diario “El progreso”.
Pecha a librería de Carré Aldao, coñecida como a Cova Céltica.
Basilio Álvarez, pasa a dirixir a revista “Galicia”.
Francisco Camba: Camino adelante. A través de Galicia (Madrid).
Atentados anarquistas na Coruña e unha folga xeral.
Primeira Asemblea Agraria de Monforte.
Aparece en Buenos Aires a revista semanal “Aires da miña terra” fundada e dirixida por Manuel Nóvoa Costoya, quen lle puxo o nome en honor a Curros Enríquez (10 de maio ata o 25 de xullo de 1909).

O 8 de marzo morren 129 mulleres nun incendio dunha fábrica téxtil en Nova York na que se encerraran para reclamar iguais dereitos laborais que os homes, o que dá orixe á instauración do Día da Muller Traballadora.

Carlos I, rei de Portugal e o príncipe herdeiro Luís Felipe son asasinados en Lisboa.
Atentados en Barcelona.
Créase a “ Sociedad Española de las Minas del Rif” para explotar as minas de ferro marroquinas.

OUTRAS LITERATURAS

Nacen:
Casais Monteiro (Porto; 1972 São Paulo).
Joaquim Paço d’Arcos (Lisboa; 1979).
João Guimarães Rosa (Brasil 1967).
Agustí Bartra (Barcelona; 1982).

Mercè Rodoreda (Barcelona; 1983 Girona)

Pedro Laín Entralgo (Urrea de Gaén, Teruel; 2001 Madrid).
Simone de Beauvoir (París; id. 1986).
Cesare Pavese (Italia; 1950).
Ramalho Ortigão: El-Rei D. Carlos o Martirizado.
Àngel Guimerà : La reina vella (teatre).
Apel-les Mestres: La presentalla (teatre).
Alfons Maseras: Edmon (novela decadentista).
Salvador Galmés: Negrures (narrativa).
Adrià Gual: Els pobres menestrals (teatro).
Ignasi Iglésias: En Joan dels miracles (teatro costumista).
Joan Puig i Ferreter: La dama enamorada (teatro) e Aigües encantades (teatro).
Guerau de Liost: La muntanya d‘ametistes (poemes).
Eduardo Marquina: Las hijas del Cid.
Jacinto Benavente: Señora Ama
Los Quintero: Amores y amoríos.
Juan Ramón Jiménez: La soledad sonora e Elejías puras.
Gabriel Miró: La novela de mi amigo e Nómada.
Enrique Larreta: La gloria de don Ramiro. (narrativa).
Ezra Pound: Coa luz apagada (poesía).
Rainer Maria Rilke: Novas poesías.
Edward Morgan Forster: A room with a view (Un cuarto con vistas). (narrativa).

Morren:
Trindade Coelho (Lisboa; 1861 Mogadouro).
Joaquim Maria Machado de Assis (Río de Xaneiro; id. 1839).

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...