luns, 10 de novembro de 2008
día 8 do mes de San Martiño
Comezamos poñendo en coñecemento dos oíntes o resumo das dúas horiñas de radio que temos por diante:
1.. Novidades que nos envían á redacción.
2.. Conexión coa XVª Feira de Turismo Rural “Agrotur-2008” en Cornellà. Temos comprometido falar con Santiago Bacariza, Xefe responsable da Area de Turismo Rural de Turgalicia.
3.. Queremos ter unha conversa con don José Luís Torres Colomer, Alcalde de Ribeira, que se atopa en Barcelona, xunto cos Alcaldes da Mancomunidade de Arousa-Norte, para amosar as posibilidades de turismo, gastronomía e outras ofertas que se poden atopar na zona. Están a realizar a mostra no Centro Galego de Barcelona.
4.. Tamén queremos falar con Xesús Vizcaia, Presidente de ACIVI (Asociación de Empresarios de Viana do Bolo), xa que organizan e preparan a “V Festa do bullote e do choupín” – Feira Gastronómica e de Arte-Sa, coa colaboración do Concello de Viana.
5.. Porémonos en contacto con Paco Crusat, empresario de prestixio na zona do Barbanza. Responsable da vivenda rural “Entre os Ríos” e das adegas do mesmo nome.
6.. Tentaremos falar con algún dos outros alcaldes mencionados, a saber: de Boiro, de a Pobra do Caramiñal ou Rianxo. Así como co Presidente da Asociación de Empresarios Hostaleiros da Arousa-Norte, don Manuel Domingo.
7.. Conectaremos con Galicia para recibir as noticias e novidades que nos achega o noso colaborador inestimable Xulio Simón.
8.. Falaremos con Paco Ribas, a nosa imprescindibe participación literaria dentro do “Recuncho poético” do noso programa.
9.. Remataremos coa colaboración da “poeta galega en Barcelona” IRIA, que aporta o seu marabilloso incentivo femenino á nosa programación, xunto cunha visión especializada dalgunha composición poética de relevancia.
10.. Entremedias, queremos ofrecer a audición das músicas galegas que recibimos, e a participación dos nosos oíntes no xogo-concurso no que agasallamos aos nosos oíntes e participantes que chamen ao teléfono 933778200 (tamén por correo electrónico: semprengalicia@gmail.com) no noso programa. Esta semana tódolos que chamen, ou que nos escriban un correo, recibirán un CD que leva por título “No bico un cantar”.
- A conexión coa Feira “Agrotur”, na persoa de Santiago Bacariza comeza cunha explicación exhaustiva da oferta extraordinaria que Turgalicia e Xacobeo lle ofrece a tódolos asistentes aos Stands. Abunda na oferta dos “Outonos gastrnómicos” que por segundo ano consecutivo se está a realizar en combinación cos moitos establecementos e vivendas rurais de Galicia. Unha moi importante oferta para os que fan o “Camiño de Santiago” co “Bono Xacobeo”. Tamén nos informa da posta en marcha da proposta de turismo micolóxico de fin de semana. Unha experiencia moi ben acollida. Todos os que o desexen poden informaxe moito máis específicamente na páxina web de Turgalicia.com. Quedamos para poder voltar a comunicarnos en vindeiras ocasións e estarmos ao día das novidades e ofertas que vaian xurdindo.
A música que escoitamos atópase no CD de ISGA, collective. A Redeira, e sírvenos para recibir a chamada e comunicación con don José Luís Torres Colomer, Alcalde de Ribeira. Un grande embaixador da Mancomunidade Arousa-Norte. Convidou a tódolos oíntes a que se achegaran ao Centro Galego de Barcelona para que poidan degustar algunhas das das extraordinarias viandas gastronómicas que trouxeron para ofrecerlle a tódolos asistentes a esa Mostra-Festa de Arousa-Norte.
Conectamos con Xesús Vizcaia, pero as tecnoloxías non estaban ao noso favor e fallounos a comunicación. Comprometémonos para a seguinte semana.
Despois dunha fermosa peza do grupo “Leliadoura”, comunicámonos con Paco Crusat. Unha charla moi agradable na que nos explica as ofertas e posibilidades de estancia e disfrute no hoteliño “Entre os Ríos”. Un agasallo para os nosos oíntes, que mencionen o noso programa ou Radio Cornellà, ao pernoctar na súa vivenda, disfrutando das moitísimas cousas que alí se atopan, recibirán gratuitamente unha botella de viño albariño con denominación de orixe “Barbanza”, por cada día de estancia. A web do hoteliño é: www://entreosrios.com. agradecémosllo moi encarecidamente e prometemos voltar a conectar con este galego de ascendecia catalana, tal e como nos informou el mesmo, polo seu apelido.
A comunicación con Manolo Domingo, non nos foi posible facela. Noutra ocasión.
Intervén Xulio Simón, coa súa colaboración semanal tan especial e apreciada polos nosos oíntes e seguidores. Facémoslle saber das felicitacións recibidas pola charla-coloquio con Avelino Pousa Antela do ultimo programa. Falamos dos Magostos, das festas celtas que se celebran na nosa Galicia, nestas datas. Fai unha referencia interesante dos cemiterios, lembrando o mes dos Santos, no que nos atopamos. Alusión aos epitafios… Unha participación interesantísima.
Conexión con Paco Rivas para recibir a súa colaboración intesa e intimista, como cada semana. Escoitamos as súas declamacións e creacións poéticas. Diferentes sempre das da semana anterior. Gracias, Paco. Seguiremos escoitándote.
Remate do noso programa coa intervención da nosa IRIA Fernández. Unha descrición da súa participación na Universidade de Barcelona de días pasados. Podedes visitala na súa páxina web do myspace. Temos un link precisamente neste noso blog.
Ata a vindeira semana.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024
Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...
-
1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aqu...
-
Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en...
-
Ola Outra vez: Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFI...
Ningún comentario:
Publicar un comentario