sábado, 25 de xaneiro de 2025

SÁBADO 25 de XANEIRO do 2025

Comezamos a emisión coa sintonía de sempre, as salutacións oportunas e unha peciña de música para recibir ao primeiro convidado: MANUEL FOTEIRO (A FONSAGRADA), que tiñamos pendiente conversar con el. Agradecémoslle a súa amable atención e fainos partícipe dunha serie de novidades que suceden na Fonsagrada, como é o caso da que realizaou hoxe mesmo: O Terceiro Trail Terras de Burón que concentrou a unha grande cantidade de participantes e que fixo posible que visitaran a Fonsagrada máis de mil cincocentas persoas. Tamén comentamos a recente publicación que el mesmo envía á "Voz de Galicia" e que fai referencia aos tres matrimonios xóvenes, que se encargarán de conservar e levar adiante tres panaderías. E algunha cousiña máis, que podedes escoitar na súa intervención. Agradecémoslle a súa participación no noso programa.

Recibimos agora, nos estudios ao Presidente da Asociación de Bercianos en Cataluña -ASOBECAT- JUAN PEDRO SÁNCHEZ, que nos ven a falar do "XXI Festival del Botillo 2025". Agradecémoslle a súa presencia e imos comentando todo o que teñen preparado para a realización deste ano: En Primeiro lugar, Homenaxe e nomeamento DE BERCIANAS ILUSTRES, a título póstumo, a dúas persoas falecidas tráxicamente fai vinte anos, AURORA RODRÍGUEZ e SILVIA NOGALEDO. Premio Literario AsoBecat 2025 a don Miguel Angel Revilla. Como homenaxe aos pobos do Bierzo elixiron ao Excmo.Concello de Camponaraya, representado polo seu Alcalde don Eduardo Morán Pacios. E a Adega colaboradora e tamén homenaxeada será "Cuatro Pasos" de Cacabelos. Facer mención a "Embutidos Santa Cruz de Montes", que siguen sendo os colaboradores e suministradores de tódolos productos que se servirán no Festival.

Escoitamos outro bocadiño de música e continuamos falando deste evento previsto para o día 16 de febreiro a partir das 12h no Hotel Front Air Congress de Sant Boi de Llobregat. Explícanos pormenores relacinados con este acontecemento que reune a máis de trescentas cincoenta persoas, que serán recibidas pola banda de gaitas de Fegalcat, sempre colaboradores. Os interesados terán que reservar mediante o ingreso nunha conta que lles facilitarán Juan Pedro (número tfno. 637 589 682) ou Alfonso Miguel Martín (tfno. 617 027 356).

 

A segunda hora continuámola conectando con Galicia para recibir ao noso correspondente colaborador XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten preparada unha información chea de contido explicativo. Nesta ocasión fálanos das Cetareas naturais que se atopan na Guardia. Tan só puido visitar a coñecida como "A Redonda" tamén denominada "Laxe do Can". Unha grande construcción preparada para conservar o marisco dos pescadores, mentres non era distribuido a medida que o demandaban. Tamén nos comenta a visita ás Salinas do Seixal románicas que están non moi lonxe deste elemento patrimonial de grande valor. Outra peculiaridade e curiosidade é a "Pedra do Abellón" e un menhir ou mámoa que tamén fotografou. Agradecémoslle a súa colaboración de hoxe e desexámoslle unha feliz semana.

Seguimos a emisión e poñemonos en contacto con NOELIA NOGALEDO, irmá da finada e homenaxeada Berciana Ilustre Silvia Nogaledo. Recibímola e parabenizámola por este nomeamento, que se fará partícipe á familia. Aproveitamos para felicitala tamén porque no concello de nacemento acaban de facerlle unha homenaxe precisamente con motivo do vinte cabodano do seu triste falecemento. Ao parecer foi unha celebración na que participaron un grande número de ciclistas. Estaremos honrados de poder saudala pesoalmente na Festa do Botillo.

 

Comentamos algo detalladamente o menú da celebración, que irá precedido dun pica-pica, entrante con diversos productos do Bierzo, empanada, queixo e outras viandas regadas co viño da Adega "Cuatro Pasos" que mencionamos anteriormente. O prato principal o "Rei don Botillo" servido con cachelos, verdura chourizo e garbanzos, e un postre especial "pastel de castañas". Os cafés acompañados dos chupitos correspondentes e mentres se disfruta do baile amenizado por Damián Porcel, poderán degustar unha queimada de agasallo final. Todos os asistentes disporán dun número no seu tiquet que servirá para participar nun sorteo de diversos agasallos que se sortearán nos postres. Agradecémoslle a súa participación no progama de hoxe ao noso amigo Presidente: JUAN PEDRO SÁNCHEZ, e desexamos que teñan moito éxito. Aproveitamos para despedirnos ate o vindeiro sábado.

Escoitamos a continuación a crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que nos fala de diversos aconteceres moi interesantes.

Deixamos aquí o programa completo-enteiro.

Ningún comentario:

SÁBADO 25 de XANEIRO do 2025

Comezamos a emisión coa sintonía de sempre, as salutacións oportunas e unha peciña de música para recibir ao primeiro convidado: MANUEL FOTE...