domingo, 24 de junio de 2018

Sábado 23 de XUÑO do 2018

Penúltimo programa desta tempada, que comezamos ofrecéndolles escoitar unha peza de música do album: "As Cantigas de Elena", que nos chegou quentiño, para conectar despois co noso correspondente na BAIXA LIMIA, Xosé Lamela Bautista, que nos ten preparada a participación da Alcaldesa de Lobios, dona MariCarmen Yáñez Salgado. Establecemos unha conversa moi interesante na que nos informan da próxima celebración do "Xurés walking festival", previsto para o mes de xullo. Tamén nos fala dos proxectos e obxectivos principais que aínda están por desenvolver en Lobios e que considera de moita relevancia, como é a posta en marcha e construcción dun Xeriátrico... Agradecémoslle a súa colaboración e aportación.

Continuamos e falamos un chisco da música que estamos a escoitar, coa que comezamos o programa, e facemos un pequeno comentario sobre os seus autores: María Vidal, Pichi Abollado e Pipo Alvariño.

Encetamos a segunda hora conectando novamente con Galicia, concretamente con Combarro, nas Rías Baixas, onde se atopa o noso correspondente XULIO SIMÓN, que ten preparada unha nova convidada, dona LOLI BELOSO NEIRA, escritora e grande promotora de galas e celebracións altruistas en pro da investigación, dos nenos, dos desfavorecidos e de moitas cousas máis. Agradecémoslle a atención que nos dispensou.

Seguimos escoitando música do CD "As Cantigas de Elena"

Conectamos con Galicia, coa Mariña Luguesa, onde se atopa o noso Poeta da Mriña Luguesa, PACO RIVAS, que coma sempre antes de finalizar a súa aportación, agasállanos coa lectura dun texto da súa autoría e despedímolo ate a vindeira semana.

Damos conta das informacións que nos chegan á Redacción, relacionadas cos Premios de Xornalismo Fernández del Riego e Julio Camba, e aproveitamos pra despedirnos ate a vindeira semana.

Que sexan felices e volvan a sintonizarnos o próximo sábado. Contamos con poder ofrecerlles unha emisión chea de contidos e con algunha sorpresa de final de tempada.




No hay comentarios:

Sábado 17 de Novembro do 2018

Comezamos outro programa máis, con todos vosoutros, ofrecéndolles escoitar pezas do 5º CD da Orquestra de Folk"Son de Seu" , que...