sábado, 25 de marzo de 2017

Sábado 25 de Marzo do 2017

Unha semaniña máis con todos vosoutr@s, para tentar de levar adiante este programiña de radio en galego. Comezamos conectando con Galicia para falar con DAVID PEREZ, un escritor e arqueólogo de Bande con quen mantemos unha conversa moi entretida e chea de coñecementos sobre diversos aspectos do seu traballo investigador e recuperador. Agradecémoslle a súa amable atención.

Despois falamos con TOÑO Núñez, que veu dende Galicia para presentar na A.C.G.Rosalía de Castro o seu libro de poemas titulado: POEMAS DE AMOR EN OUTONO, e comentamos con el a experiencia e impresións sobre o acto de onte, venres, que foi o día elixido para presentar o libro.

Na segunda hora conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro, para que XULIO Simón nos presente ao seu convidado de hoxe: don CESAR LEMA, un biólogo que acaba de presentar un libro moi interesante que leva por título: "Bienaventurada la maleza porque ella te salvará la cabeza. Plantas Silvestres". Unha conversa esclarecedora que voltaremos a retomar para que nos siga ilustrando coas súas ensinanzas.

Volatmos a Galicia, e nesta ocasión falamos con XOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ, un etnógrafo de A Gudiña con quen mantemos unha conversa relacionada coa súa tarefa investigadora e divulgadora das Lendas e Contos da Raia galego-portuguesa. 

A vindeira semana voltaremos con máis novidades e música. Nesta ocasión, o día 1 de ABRIL dende a Sé da A.C.G.Rosalía de Castro, á mesma hora e en directo, con tódolos convidados da Entidade. Convidamos a tódolos que nos seguen para que asistan e poidan disfrutar desta nosa emisión en directo, e participar con nosoutros. Non faltedes. Agardámosvos.

No hay comentarios: