domingo, 22 de mayo de 2011

PROGRAMA do sábado 21 de maio

Comezamos facendo un pequeno avance das nosas pretensións para estas dúas horiñas de radio en galego. Animamos aos nosos seguidores a que se sumen ás nosas propostas de emisión, a pesares da competencia (hoxe xoga o C.D.Málaga contra o C.F.Barça). Teremos na emisión de hoxe, ademais de moitas informacións, conversas con Pilar Carracelas, Rafael Paz e como cada fin de semana con Xulio Simón en Galicia.

Despois do relatorio informativo, no que falamos do "VIII Festival de CANS (Porriño)", da sétima edición de TRABALLANDO EN LINGUA que se celebrará en Carballo, que o filólogo Ramón Lorenzo ben de gañar o Premio Trasalba 2011, de que o Instituto da Lingua celebra o seu 40 aniversario na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago, e doutras noticias máis, poñémonos en contacto con PILAR CARRACELAS, que estivo, xunto con David, á fronte deste noso programa perante un tempo e fálanos da súa experiencia como tal. Dámoslle-las gracias pola súa atención.

Chamamos a RAFAEL PAZ FERNÁNDEZ, autor da novela "LA MUJER DE PAPA", chegounos ás nosas mans por mediación de seu irmán Agustín (ex compañeiro do "club da tiza"). Este Teólogo que disfruta do "xubileo" na súa terra de nacenza, fainos un percorrido pola súa novela, debullando con detalle algunhas cousas moi interesantes da "Empresa Igrexa", en torno á cal decorre esta entretida e moi recomendable novela. Seguro que se tivera un tratamento de márketing diferente convertiríase nun "bet-seller", xa que o argumento e o percorrido da mesma fíxosenos moi engaiolante. Agradecémoslle a súa atención e desexamos poder voltar a falar con el nunha vindeira ocasión, aquí, cando veña a presentar a súa obra a Barcelona.



Na segunda hora poñémonos en contacto con XULIO SIMÓN, coma case sempre, e fainos unha síntese dalgunhas das cousas escollidas por el para esta fin de semana, e remata a súa intervención coa lectura dun poema do poeta homenaxeado este ano nas letras Galegas 2011: LOIS PEREIRO.

Desexamos que volvan a conectar con nosoutros na próxima semana, que tentaremos facelo, cando menos, igoal ou mellor.

No hay comentarios: